Home Deputacións Deputación Pontevedra O Castelo de Soutomaior énchese de son e reivindicación da forza das...

O Castelo de Soutomaior énchese de son e reivindicación da forza das mulleres da música na Gala que pecha a primeira edición de “Descúbreas”

- Anuncio -

As oito mozas mentorizadas no programa da Deputación e Regalamúsica presentaron os seus videoclips xunto ás actuacións de Guadi Galego e Woyza

Carmela Silva: “Imos sumar máis xente para que este proxecto sexa aínda máis grande e en cinco anos poidamos dicir que as cifras melloraron moito na música feminina”

“Son muller, son invencible, son forte”. Os acordes e a letra do inesquecible himno de sororidade de Helen Reddy “I’m woman” soaron hoxe con forza na Explanada dos Plátanos do Castelo de Soutomaior, que se vestiu de gala en cor violeta para converterse no maior escenario do novo talento musical feminino da provincia. Máis de 200 persoas déronse cita no evento que puxo o broche “de diamantes” á primeira edición do programa Descúbreas, promovido pola Deputación e Regalamúsica, e no que as grandes protagonistas foron as oito mozas mentorizadas para dar os seus primeiros pasos profesionais na música con este proxecto. O acto contou coa actuación de Guadi Galego e a participación especial de Woyza.

A gran gala de Descúbreas, conducida por Natari Rial, foi seguida no xardín do Castelo, no que se habilitou unha espectacular montaxe, por unha nutrida participación do sector cultural galego, especialmente da música, incluíndo persoas das distintas escolas da provincia e mulleres profesionais do sector, amais de representantes municipais dos concellos da provincia, deputados e deputadas provinciais e tamén representantes de diversos colectivos de igualdade, entre outras persoas asistentes.

A presidenta provincial, Carmela Silva, fixo fincapé na súa intervención nos motivos que levaron á Deputación a apoiar esta iniciativa, destinada a loitar contra a brecha de xénero existente na industria musical e a empoderar a nenas e mozas neste ámbito. “Hai datos alarmantes da infrarrepresentación –sinalou- das mulleres neste mundo. É escandaloso. Todas as porcentaxes de participación están por debaixo do 30%, cando sen embargo as nenas e as mozas na formación musical son maioría e teñen os mellores currículos. Pero logo é moi difícil que haxa unha carreira profesional. Simplemente fago unha reflexión, dixo a presidenta provincia, vaiamos a calquera festival de música do mundo. Cantas mulleres están nos escenarios? Esa é a proba. Por iso, subliñou, naceu Descúbreas, unha gran plataforma que pretende visibilizar ás mozas, formalas e darlles espazos para que poidan construír unha carreira profesional na música”. Carmela Silva avanzou que o programa terá continuidade no 2022 aínda con máis forza. Sinalou que a Deputación manterá contactos cos Ministerios de Igualdade e Asuntos Económicos e Transformación Dixital, así como con empresas que fomenten a cultura “para que Descúbreas sume na súa segunda edición máis xente e poidamos conseguir que sexa unha plataforma máis grande, porque queremos que nola copien por todo o Estado para que as mulleres no mundo da música poidan ter máis presencia e que dentro de cinco anos poidamos dicir que as cifras melloraron moito neste ámbito”.

No evento, as oito mozas puideron presentar os videoclips dos temas que gravaron de forma profesional e comentar as súas impresións sobre a experiencia vivida. Elas son María Ferreirós (Vigo) que abriu a cita co seu tema “Marea”; Ali (Alicia Moreira, de Poio), que presentou “Culpable”; Xia (Uxía González, de Salceda) con “No me queda”; Sara Sanmartín (Pontevedra), con “20 veces más”; Inés Cortegoso (de Pontevedra), con “Batalla”; Eva Pico (Marín) con “La última canción”; Aroa Ferreiro (Vigo), co tema “Periscopio”e Law (Laura Martínez, de Vigo) con “Veni, vidi vici”.

A gala estivo amenizada pola actuación musical de Guadi Galego, que interpretou entre outros temas “Matriarcas”, o tema protagonista do primeiro vídeo colaborativo realizado no marco de Descúbreas, no que mozas de distintas escolas de música interpretaron esta canción da artista galega. Amais, o escenario do Castelo de Soutomaior serviu para presentar o segundo dos vídeos colaborativos do programa, no que a cantante Woyza adaptou o tema “I’m woman”, de Helen Reddy, que cumpre 50 anos e gravou un vídeo coa participación tamén de mozas de distintos centros da provincia. Precisamente, a gala culminou coa interpretación deste tema a cargo das mozas participantes coa colaboración de Woyza xunto a María Pérez ao piano e Paula López ao trombón, e que se recollerá posteriormente no citado audiovisual.

O traballo levado a cabo no marco do proxecto tivo o seu reflexo noutros vídeos proxectados, un sobre o resumo xeral de Descúbreas e outro titulado “Mentoring”, centrado no acompañamento das oito mozas que desfrutaron da titorización de catro mulleres referentes do eido musical a través do programa. Elas foron Patricia Hermida, xerente de Dotbeate e copresidenta do International Music Managers Forum; Raquel Seijo, xerente de Sweet Nocturna e presidenta de Festivais de Galicia; Woyza, unha das mellores voces do rap e do Rhythm & Blues e Andy González, especialista en coaching de imaxe persoal.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

Publicacións Relacionadas