Home Pontevedra O CEIP Parada de Campañó estrea nova distribución da mobilidade para...

O CEIP Parada de Campañó estrea nova distribución da mobilidade para garantir a seguranza da cativada na entrada ao colexio

- Anuncio -

O alcalde achegouse até o centro de ensino para ver o resultado dos traballos para mellorar a seguranza  dos alumnos do colexio, así como a recuperación do Lavadoiro da Vila, situado no lugar.  O Concello realizou obras de mantemento en distintos centros de ensino de Infantil e Primaria de  Pontevedra para que estean listos no inicio do curso. 

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores acompañado dos concelleiros do Rural e de  Educación, María Xosé Abilleira e Demetrio Gómez visitaron esta mañá en compañía dos técnicos municipais  as obras de mellora da seguranza viaria na contorna do CEIP Parada, Campañó. A obra foi adxudicada á  empresa COVSA por 350.920,96 euros.  

A actuación consistíu na mellora dun vial de conexión do lugar, dun camiño e dunha senda que entrelazan o  CEIP, onde había que resolver un problema de seguranza viaria do alumnado do centro, e varios elementos  patrimoniais do lugar: un lavadoiro e unha fonte, xerando ademais, novos espazos de convivencia.  

No ámbito do colexio, acordouse facer un lugar para deixar os cativos e cativas sen conxestionar a vía e  eliminando o tráfico do tramo do colexio cara o norte. Modificouse a vía adxacente que se alongou e  creouse unha área na que os pais deixan aos fillos no centro e non colapsan integramente o vial. Unha vez no  colexio, creáronse tres ramplas completamente accesibles que distribúen os fluxos de entrada segundo o  medio de transporte. Estas tres ramplas están protexidas por tres muretes que modifican o aspecto exterior  do CEIP. Tamén se mellorararon os portalóns e os peches. O pavimento, ao igual ca os muros executouse en  formigón de árido visto. 

Outro dos puntos nos que se actuou neste proxecto é na contorna do Lavadoiro da vila onde se creou un  espazo de estancia con sombra natural. Tratouse dunha intervención mínima creando tres muretes baixos que  permiten facer accesible o lugar. Tamén se incluíu sinalética e elementos de xestión da auga. 

Os viais foron tratados en distintos tipo de pavimento segundo a súa utilidade: asfalto nos viais e formigón nas sendas.  

O alcalde aproveitou a súa visita a Campañó para saudar á dirección do centro de Parada e desexarlle bo  inicio de curso. Tamén deixou material promocional dos fondos europeos da Estratexia DUSI Máis Modelo,  Pontevedra para todos os integrantes do centro: escolares, profesorado e persoal asistencial.  

Melloras nos centros de ensino 

Esta actuación, pendente de pequenos remates, é unha das grandes actuacións que realizou o Concello de  Pontevedra nos centros de ensino ou na súa contorna con motivo do inicio do curso escolar que comeza  mañá. Outras actuacións que o Concello realizou en centros de ensino son:  

• Galiña Azul A Parda  

• Instalación atrapa-dedos en portas  

• Pintado de paramentos verticais  

• Reparar picaporte porta acceso  

• CEIP Cabanas  

• Sustitucion de persianas  

• Instalación de porteiro eléctrico con 2 puntos de atención dentro do cole  

• Limpeza canlóns  

• Retirada castelo parque infantil  

• Fixar encerados en patio  

• Reparación fechadura porta principal.  

• CEIP Mourente  

• Reparacion persianas  

• Pintado de paramentos verticais  

• Reparación acometida xeral auga.  

• Limpeza canlóns.  

• CEIP San Martiño-Salcedo  

• Limpeza rede de fecais e nova canalización de pluviais 

• Pintado de paramentos verticais  

• Nova cancilla acceso exterior  

• Pavimentado novo antiescorregadizo patio exterior restante  

• Tratamento pavimento exterior antiescorregadizo antiguo  

• Limpeza canlóns  

• Retirada postes madeira parque infantil  

• Reparación motor portal corredeira  

• Reparación metálica porteria pista deportiva  

• CEIP A Carballeira  

• Reparacion areneiro con achega de madeira e area  

• Reparación con achega de novos elementos a parque infantil  

• Reparación persianas  

• Pintado de paramentos verticais  

• CEIP Álvarez Limeses  

• Reparación persianas, fechadura portal, instalación sebe artificial en peche paralelo a rúa.  • Reparación con achega de novos elementos en parque infantil  

• Instalación de cortiza en paramentos verticais.  

• Nova porta en rexistro acometida auga  

• Reparación esquinal madeira vestíbulo  

• CEIP Crespo Rivas 

• Instalacion pavimento caucho  

• Limpeza canlóns  

• Retirada xogo infantil con transporte a xestor de residuos.  

• CEIP Barcelos  

• Pintura interior vertical e horizontal e iluminación semisótano  

• CEIP Marcón  

• Instalación pavimento de PVC.  

• Demolición mesados laboratorio, incluso fontanería e louza, e acondiconamiento paramentos  • Reposición area en areneiro.  

• Reparación pingueira en ximnasio e chanzo.  

• Limpeza canlóns 

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas