Home Pontevedra O centro de dia e un novo pavillón municipal principais propostas do...

O centro de dia e un novo pavillón municipal principais propostas do PSdeG-PSOE de Salceda de Caselas

- Anuncio -

O PSdeG de Salceda de Caselas ten moi claro cales son as liñas básicas do seu programa electoral co que se presenta as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio.
O programa aposta por continuar coas liñas mestras levadas a cabo dende a alcaldía pola alcaldesa Verónica Tourón que encabeza a candidatura socialista, como son a aposta polos servizos públicos de calidade, polo mantemento e mellora das instalacións municipais, o fortalecemento dos servizos sociais e a educación, a promoción do comercio local e a industria, a creación de emprego, a promoción da cultura e o coidado do medio ambiente, en definitiva un programa pensado por e para as persoas.

Dúas propostas se erixen como fundamentais dentro deste programa centrado na veciñanza, a construción dun Centro de Día e a construción dun novo pavillón municipal, ambos proxectos ambiciosos que resultarán fundamentais para a veciñanza de Salceda e nos cales xa se esta a traballar o concello.

Un centro de día con capacidade para 40 persoas que xa ten deseñado o seu financiamento e o proxecto listo para a súa execución porque como sinala Verónica Tourón “ temos unha débeda coas nosas persoas maiores e debemos darlle resposta”.

A outra proposta e a construción do novo pavillón municipal unha demanda fundamental dos equipos e clubs de Salceda ante a importante demanda de instalacións deportivas derivada do crecemento e o dinamismo demográfico que está a experimentar Salceda neste últimos anos.

Para o desenvolvemento deste importante proxecto de instalación deportiva as e os socialistas xa teñen deseñadas igualmente as liñas para o seu financiamento.
En total ambos investimentos recollidos no programa dos e das socialistas de Salceda ascenden a preto dos 2.600.000 euros para desenvolver dúas dotacións fundamentais para o futuro da veciñanza de Salceda.

Verónica Tourón: “As e os socialistas temos un Plan para Salceda que se recolle en este programa continuando as liñas xerais que xa marcamos dende a alcaldía e temos dúas prioridades fundamentais a construción dun Centro de día para as nosas persoas maiores e un novo pavillón municipal para toda a veciñanza de Salceda, proxectos nos que xa comezamos a traballar para que pronto sexan unha realidade.”

Aproveita a agrupación socialista de Salceda para comunicar o calendario de actos electorais que vai a celebrar nesta campaña electoral que serán os seguintes:
• Venres 12 de maio, ás 21:00 horas mitín no Centro Cultural de Budiño.
• Luns 15 de maio, ás 21:00 horas mitín no Centro Cultural de Barreiro.
• Martes 16 de maio ás 21:00 horas, mitín no Centro Cultural de Soutelo.

• Venres 19 de maio ás 21:00 horas, mitín no Centro Cultural da Feira.
• Luns 22 de maio, ás 21:00 horas, mitín no Centro Cultural de Parderrubias.
• Martes 23 de maio, ás 21:00 horas, mitín no Centro Cultural de Entenza.
• Mércores 24 de maio, ás 21:00 horas, mitín no Centro Cultural da Picoña
• Xoves 25 de maio, ás 21:00 horas, mitín no Auditorio Municipal.
• Venres 26 de maio, ás 21:00 horas, peche de campaña no Centro Cultural de San Xurxo.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas