Home O Salnés A Illa de Arousa O Centro de Interpretación das Conservas celebrará o Día Internacional dos Museos...

O Centro de Interpretación das Conservas celebrará o Día Internacional dos Museos co itinerario guiado: “O pasado industrial da Arousa” o sábado 20 de maio ás 17:30 horas

- Anuncio -

Un ano máis durante o mes de maio reanudamos as visitas guiadas no Centro de Interpretación das Conservas con moi boa acollida por parte de difentes entidades ou mesmo empresas como son os concellos, colexios e empresas de turismo.

Todas elas amosan un grande interese por coñecer a antiga fábrica da Familia Goday, agora convertida en Centro de Interpretación das Conservas, ademáis da paraxe natural da Illa de Arousa.

A visita guiada que ofrecemos, permite coñecer polo miudo a historia da Illa de Arousa, onde as acitividades relacionadas coa pesca e o marisqueo xa se realizaban dende moi antigo ata converterse no seu pilar socioeconómico. Por outra banda, esta pequena illa da costa atlántica é un lugar idóneo para falar de como tivo lugar a Revolución Industrial de Galicia, moi relacionada coas industrias de pesca. Compre subliñar que sobre todo durante a primeira metade do século XX, na Illa de Arousa chegaron a estar en activo ata nove fábricas de conserva.

Adicionalmente e con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS, temos previsto celebrar un itinerario guiado, no que visitaremos algúns dos lugares que forman parte do abundante patrimonio industrial da Illa de Arousa, como son:

  • O Muelle de Pau.
  • A antigua fábrica de Salgadura da Familia Goday
  • A Primeira Fábrica de Produción Industrial de toda Galicia.
  • As Casas Modernista e os seus xardíns.

En canto ó día e hora de celebración, será o próximo sábado 20 maio ás 17:30 horas. As rervas poderán facerse a través da oficina de turismo (687 807 109 // turismo@ailladearousa.gal).
Porén, convidamos a todo o mundo a participar nesta interesante experencia, e en especial a aquelas persoas da Arousa, que teñan curiosidade ou mesmo desexen aportar algunha lembranza ou vivencia vencelladas á actividade conserveira.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas