HomePontevedraO SalnésO Centro de Saúde de Ribadumia celebrou hoxe unha xornada de prevención...

O Centro de Saúde de Ribadumia celebrou hoxe unha xornada de prevención de enfermidades cardiovasculares

- Anuncio -spot_img

― Coincidindo coa Xornada Europea para a Prevención do Risco Cardiovascular profesionais de Atención Primaria do centro ribadumiense efectuaron a pacientes e poboación en xeral probas de tensión arterial e aportaron consellos de prevención e control dos factores que determinan a saúde cardiovascular


― A Organización Mundial da Saúde estima que as enfermidades cardiovasculares cóbranse preto de 18 millóns de vidas cada ano, sendo a primeira causa de morte a nivel mundial

O centro de saúde de Ribadumia celebrou hoxe unha xornada de prevención de enfermidades cardiovasculares, coincidindo coa Xornada Europea para a Prevención do Risco Cardiovascular.

Nesta xornada divulgativa, dirixida especialmente a pacientes e poboación en xeral, profesionais de Atención Primaria do centro sanitario ribadumiense efectuaron probas de tensión arterial e aportaron consellos de prevención e control dos factores que determinan a saúde cardiovascular e como actuar sobre eles, co obxectivo de concienciar e sensibilizar sobre unhas enfermidades que se postulan coma a primeira causa de morte a nivel mundial e nacional.

Prevención educación e investigación
Segundo sinalan os profesionais de Atención Primaria do centro de saúde de Ribadumia, as doenzas cardiovasculares constitúen unha epidemia e un reto ao que hai que combater con prevención, educación e investigación. “Aínda que é fundamental que a comunidade científica estea ao día das vangardas investigadoras que tamén guían á prevención, a nosa aportación desde a Atención Primaria do centro de saúde de Ribadumia céntrase en educar á poboación, promovendo unha vida saudable desde as primeiras etapas da vida, que se consolide e manteña nas seguintes” subliñan.

A Organización Mundial da Saúde estima que as enfermidades cardiovasculares cóbranse preto de 18 millóns de vidas cada ano, sendo a primeira causa de morte a nivel mundial. Por iso, os profesionais da saúde poñen o foco na relevancia de concienciar á poboación sobre os diferentes factores de risco cardiovascular que nos rodean, tales coma o sedentarismo, o tabaquismo, a mala alimentación, a obesidade ou o estrés, entre outros.

Publicacións Relacionadas