Home Vigo Baiona O Centro de Saúde Val Miñor e os concellos aúnan forzas para...

O Centro de Saúde Val Miñor e os concellos aúnan forzas para poñer en marcha un proxecto pioneiro de fomento do uso correcto dos parques biosaudables

- Anuncio -

A idea do proxecto “Fomento do uso axeitado dos parques biosaudables no Val Miñor”surxe na Unidade de Fisioterapia de Atención Primaria do Centro de Saúde de Val Miñor, coa colaboración do persoal de Enfermeiría Comunitaria, ante a necesidade de achegar a súa labor á poboación. O obxetivo é mellorar o nivel de saúde da comunidade, fomentando o exercicio físico.

“Neste aspecto traballamos tódolos días na nosa unidade, intentando concienciar ás persoas do importante que é que nos responsabilicemos da nosa propia saúde, fomentando o cambio dos hábitos de vida; de ahí o logo das xornadas “A túa saúde nas túas mans”, sinala Ana María Tiago González, Fisioterapeuta da Unidade de Fisioterapia de Atención Primaria do Centro Saúde de Val Miñor.

Este proxecto foi elaborado íntegramente pola Unidade de Fisioterapia do Centro de Saúde de Val Miñor pero, coma outras actividades comunitarias postas en marcha dende o centro de saúde, requiren e contan coa colaboración dos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán para que se poidan levar a cabo.

Por iso, a sanitaria non dudou en contactor cos concellos do Val Miñor para exporlles este proxeto pioneiro e solicitar a súa colaboración. A resposta por parte das administracións locais de Baiona, Nigrán e Gondomar, non se fixo esperar e de seguido mostraron o seu apoio alabando a iniciativa.

Os parques biosaudables son un recurso accesible para a meirande parte da poboación, que ó mellor por incompatibilidade de horarios ou falta de recursos económicos non poden acudir a un centro para realizar actividade física. Polo que por un lado, hai que fomentar o uso xa que só os utiliza unha pequena parte da poboación, e, por outro lado, ensinarlle á poboación a forma axeitada de utilizalos para evitar lesións. De ahí, o nome do noso proxecto “Fomento do uso axeitado dos parques biosaudables no Val Miñor”.

Está dirixido á toda a poboación adulta, pero sobre todo ós nosos maiores, buscando un envellecemento activo que mellore a súa calidade de vida e lles axude a previr patoloxías.

Para a unidade de fisioterapia este proxecto supón achegar o noso traballo diario na búsqueda de mellorar a función das persoas, fóra das paredes do noso centro, achegándonos á poboación. Para o centro de saúde este proxecto supón a continuidade da actividade na comunidade, que fai tempo se iniciou con outros proxectos: andainas, marcha nórdica…

A presentación inicial do proxecto terá lugar o día 19 de maio do 2022 ás 11:00 horas, no Complexo Deportivo “O Aral” Fontiñas, no concello de Baiona.
Durante este acto detallaránse as particularidades do proxecto.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas