Home Pontevedra O Centro Municipal de Enfermidades Neurodexenerativas de Salceda xa conta coa segunda...

O Centro Municipal de Enfermidades Neurodexenerativas de Salceda xa conta coa segunda planta habilitada

- Anuncio -

O acondicionamento da segunda planta levouse a cabo polo Obradoiro Dual de Emprego que vén  de rematar 

O edificio completarase coa instalación do elevador xa adxudicada dentro do Plan Máis Provincia  2024 

O Centro de Enfermidades Neurodexenerativas de San Xurxo, xestionado por AFAGA, ten xa  as súas dúas plantas operativas, logo de que a segunda planta fose habilitada polo Obradoiro Dual  de carpintería e albanelería que vén de rematar fai uns días. Nesta segunda fase de rehabilitación  da antiga casa-escola de Vendanova, o alumnado do obradoiro de emprego realizou as tarefas de albanelería interior, colocación de illamentos e impermeabilizacións, revestimentos e acabados, así  como a carpintería interior de madeira. Deste xeito, esta nova instalación inclúe unha sala  polivalente, dous despachos e sala de espera, e completarase coa instalación do elevador que xa  está en marcha dentro do Plan Máis Provincia 2024. 

En palabras da Alcaldesa, Loli Castiñeira, “co traballo realizado por este obradoiro  conseguimos diferentes obxectivos: dar emprego e formación a 20 persoas do noso Concello,  recuperar o noso patrimonio, neste caso a segunda planta da antiga escola de San Xurxo, e xerar  máis servizos para os e as nosas persoas maiores. Seguimos adiante ca nosa liña de traballo e  cumprindo o obxectivo de mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza”. 

O CEN está xestionado pola Asociación de Familiares de Alzheimer e outras demencias, con  10 prazas de atención a persoas diagnosticadas que neste momento están todas cubertas, pero  tamén con talleres preventivos para maiores sen ningún tipo de demencia, que cada ano atenden a  máis de 30 persoas. Con esta nova planta, AFAGA poderá incrementar os servizos ofrecidos ás  familias, con unha atención máis individual e outro tipo de accións diferentes das que viña  realizando ata o de agora, mellorando a atención e soporte familiar a demanda que se vén  realizando por parte dunha traballadora social e unha psicóloga. 

O Obradoiro Dual de Emprego “Reformas e melloras de centros formativos e cívicos”  desenvolveuse entre novembro de 2023 e novembro de 2024, formando a 10 persoas en albanelería  e outras 10 en carpintería con un contrato remunerado. O Obradoiro contou con un orzamento de  531.046,20€ subvencionados pola Consellería de Promoción do Emprego e da Igualdade da Xunta  de Galicia, e ademais desta rehabilitación supuxo a creación dun espazo de lacado e vernizado no  CDL O Torrón, a instalación de diferentes armarios no Centro Social A Devesa e a reforma da oficina  de dirección do CDL O Torrón. 

A Concelleira de Benestar Social, Selene González, definiu este proxecto como “unha obra  necesaria que permite mellorar instalacións e facelas accesibles para seguir aumentando os servizos  que tanto precisa a nosa sociedade” lembrando que “previr e acompañar no proceso de  envellecemento e da aparición de demencias na nosa sociedade é unha prioridade para este  goberno”

Relacionadas

O BNG pide inspeccións e unha ordenanza que regule o avance descontrolado dos pisos...

0
A fronte nacionalista esixe que o Goberno local actúe dunha vez para frear esta “ameaza ultraespeculativa”, un dos principais obstáculos para acceder a unha...

A Deputación abre a partir deste mércores o período voluntario de pago de taxas...

0
O ORAL encargarase da xestión e recadación dun total de 60 conceptos de taxas de 30 concellos da provincia, que se poderán pagar en...

A Deputación converte a creación contemporánea e a reivindicación de figuras e iniciativas culturais...

0
Rafa Domínguez: “A programación está marcada pola recuperación da Bienal, un acontecemento moi importante desde o punto de vista artístico, cultural e turístico” Xunto á...

A Deputación presenta ante centos de persoas en Moraña e A Lama os programas...

0
O deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís, reuniuse co movemento asociativo e veciñal de Moraña e A Lama para dar a coñecer as...

Charla informativa sobre acollemento familiar no Centro Cultural Municipal do Porriño

0
• Será este xoves, 6 de febreiro, ás 18.00 horas Estás pensando en acoller pero non tes claro como facelo? Non sabes en que consiste...

A corporación municipal aproba por unanimidade instar á Xunta de Galicia a convocar a...

0
• Tamén saíron adiante outras mocións relativas ao cauce do río Bispo, a construción dun módulo para embarcacións de remo e outra da celebración...

Publicacións Relacionadas