HomePontevedraO SalnésO certame deportivo da VBCUP-Helena Mariño é suceso deportivo, económico e social...

O certame deportivo da VBCUP-Helena Mariño é suceso deportivo, económico e social que pide máis apoio público

- Anuncio -spot_img

A instalación do edificio no que está a sede do CBV, amosa desleixo dos responsables de mantemento con humidades, danos na rede eléctrica e tubarias ou paredes e solo.

O candidato do BNG á Alcaldía de Vilagarcía, Xabier Rodríguez Paz, o concelleiro Xosé L. Leirós e Ricardo Núñez da candidatura que a organización nacionalista presentará na próxima cita de eleccións municipais, veñen de manter un encontro có Club de Baloncesto Vilagarcía, organizadores da “Vilagarcía Basket Cup–Helena Mariño”, un certame ao que expresamos un recoñecemento especial pola importancia deportiva, social
e mesmo económica que anualmente atrae á nosa cidade preto de mil deportistas, técnicos e árbitros para a competición deportiva; máis tamén as súas familias e amizades que enchen prazas hoteleiras, restaurantes e mercan no comercio local. Por iso, este campionato e outros similares deben contar cun respaldo máximo pola promoción e imaxe turística.

O encontro coa “VBCUP-Helena Mariño”, permitiu lembrar a esta falecida xogadora vilagarciá que se iniciou no baloncesto desde as categorías inferiores no Cortegada ata participar no primeiro ascenso á máxima división estatal, manténdose durante anos na elite do deporte feminino e popularizando o baloncesto entre as vilagarciás, sendo máis tarde adestradora ou coordinadora técnica de múltiples equipas, representando un exemplo para todas elas, de superación e esforzo. Por iso, este club, solicitou acordar unha xusta homenaxe na súa memoria, e por extensión ás deportistas locais femininas, coa extensión da denominación “Pavillón Castelao-Helena Mariño” que o BNG vén de trasladar á Alcaldía para ser realizado.

A visita á se do CBV, na rúa Castelao, permitiu novamente comprobar as necesidades de mantemento do edificio tras anos de desleixo dos responsábeis do seu mantemento, sobre todo no que atinxe a humidades causadas por filtracións de cubertas e paredes do ámbito líndante con outros edificios en mal estado, mais tamén nas instalacións eléctricas, caso dos enchufes rotos ou directamente desprendidos das paredes, ao igual que sucede con cables, tubarias ou acondicionamento dos espazos dedicados ás diferentes entidades deportivas da localidade (Ver colaxe de fotos adxunta).

Publicacións Relacionadas