Home O Morrazo Marín “O chan pode romper” , a segunda exposición que une Marín con...

“O chan pode romper” , a segunda exposición que une Marín con Estrasburgo a través da arte pictórica

- Anuncio -

Antón Sobral é o comisario desta mostra, que se inaugura o venres ás 20.00 horas no Museo Municipal Manuel Torres.

Crear pontes entre distintos lugares a través da arte é a mellor maneira de descubrir e revalorizar as nosas propias capacidades artísticas. Ese intercambio é a base do proxecto Marín-Strasbourg Interchange, unha mostra conxunta comisariada polo pintor marinense Antón Sobral na que se exporán as obras das artistas Ilona Maier, Ingrid Rodewald, Melody Seiwert e Susanne Neiss, e que levará por título “The ground may break off” (“O chan pode romper”).

Tal e como explica Antón Sobral, este Intercambio Marín-Estrasburgo forma parte do intercambio cultural entre Galicia e Alsacia. A mostra é a segunda dende que o ano pasado participou en Estrasburgo o artista mariñense Antón Sobral . As catro artistas alemás Ilona Maier, Ingrid Rodewald, Melody Seiwert e Susanne Neiss, residentes en Strasburg, amosan as súas obras xa que foron convidadas polo Concello de Marín no Museo Manuel Torres de Marín.

Ingrid Rodewald estudou pintura e gráfica libres na Staatl Kunstakademie Karlsruhe. As suas obras de arte se exhiben en galerías e museos a nivel internacional (Alemania, Francia, España, Suiza, Dubai, México), e están representada en colecciones públicas e privadas. Os collages de paisaxes de Ingrid Rodewald consisten en material atopado en vallas publicitarias, pero contrastan coa mensaxe publicitaria orixinal. Ten unha obra con interese sociolóxico e examina ambientes reais e ficticios, alternando construcción, reconstrucción y deconstrucción.

Ilona Maier ten unha formación profesional como Dipl. Ing. Arquitecto de Interiores nun contexto de traballo intercultural. Como autodidacta na súa vida artística participou en diversas exposicións individuais e colectivas en España, Francia e Alemaña. Ela continuou desenvolvendo constantemente os seus coñecementos e experiencia sobre o soporte fotográfico e as técnicas mixtas que combina. De 2015 a 2022 estudou debuxo, pintura e impresión por transferencia, así como fotografía experimental na Offenburg School of Art. Agora ela experimenta coa fotografía e a transferencia. Inspiradas na arquitectura e na
paisaxe, as fotografías (sen ácidos nin disolventes) transfírense sobre cartóns e materiais reciclados e combínanse con técnicas de impresión a traves de transferencias para crear composicións emocionantes.

Mélody Seiwert é unha fotógrafa visual que desenvolve desde os anos 80 un traballo fotográfico proteico, sondeando o mundo nas fronteiras do real e do invisible. Realizou numerosas exposicións en Francia e no estranxeiro. Varios dos seus proxectos foron apoiados polo DRAC, a cidade de Estrasburgo e a rexión do Grand Est. A metamorfose infinita, a continua manifestación da vida, é a savia da súa obra actual. Esta artista basa a sua obra en reflexións de pensadores e filósofos sobre a natureza, e agora explora o micromundo das plantas putrescentes e o fascinante universo de todas estas pequenas e múltiples formas de vida que xorden.

Susanne Neiss fai estudos de Deseño na Hochschule Mannheim. De 2005 a 2006 é invitado na Grafik und Buchkunst, Leipzig. Desde 2006, imparte clases na Freien Kunstakademie Mannheim (FKAM). Susanne Neiss traballa co medio da fotografía. A cor e a luz convértense en significado emocional e unha fenda pasa pola percepción. As distintas series tratan dunha metamorfose de algo difícil a algo fácil. Na serie Meridian, por exemplo, conflúen diferentes niveis para crear un equilibrio interior de proximidade e distancia, emoción e reflexión, porque a perda do equilibrio interior parece estar na raíz de tantos problemas actuais, entre eles os ecolóxicos.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas