HomeBaixo MiñoA GuardaO ciclo “Ven ao teatro” na Guarda comeza cun monólogo sobre a...

O ciclo “Ven ao teatro” na Guarda comeza cun monólogo sobre a personaxe de Ricardo III

- Anuncio -spot_img
  • A obra dará comezo este venres 26 ás 21:00h no Centro Cultural

O Concello da Guarda volve apostar polo teatro para este outono con cinco obras diferentes dentro da programación de “Ven ao teatro” no Centro Cultural.

O ciclo arranca o venres 26, ás 21:00hh coa obra “Mala Vida e Pior Morte de Ricardo III”.  Trátase dun monólogo dirixido á audiencia do personaxe do difunto rei Ricardo III de Inglaterra, quen argumenta en contra do relato dos derradeiros anos da súa vida que Shakespeare deixou trazado no drama “A vida e a morte do rei Ricardo III”.

Con esta obra tentase dar a coñecer ao personaxe de Ricardo III, situándoo no seu contexto histórico e na súa calidade humana a través do humor no que se revelan as súas contradicións.

No mes de outubro “Nada se sabe” repasará diferentes visións da discapacidade no teatro clásico. Xa para novembro haberá dobre representación: “Hechos Furiosos”, onde unha muller manterá longas e profundas conversacións co seu gato; e “Chegar e encher”, un divertido monólogo teatral onde conviven a improvisación, a narración oral e o cabaré. Para rematar no mes de xaneiro, a cómica Leti da Taberna trae o seu primeiro monólogo no que explora en ton irónico a nosa relación coas redes sociais e como nos inflúen no noso día a día.

Publicacións Relacionadas