• A obra representarase o venres 17 ás 21:00h no Centro Cultural
O ciclo Ven ao teatro continúa no Centro Cultural cunha obra de teatro accesible, titulada Nada se Sabe.
Dúas actrices e dous actores con discapacidade recoñecida repasan diversas visións da discapacidade no teatro clásico, deténdose nunha adaptación moderna escrita por Manuel Lourenzo de Filoctetes, unha das traxedias gregas de Sófocles, na que se presenta a idea da diferenza, da persoa discriminada, que a sociedade non sabe (ou non desexa) incluír.
Este punto de partida, mesturado coas vivencias reais dos protagonistas, conforman un espectáculo divertido e único na historia do teatro galego.
A obra comezará ás 21:00h o venres 17 no Centro Cultural.