HomePontevedraO CIM de Soutomaior atendeu a un total de 814 consultas no...

O CIM de Soutomaior atendeu a un total de 814 consultas no 2025

- Anuncio -spot_img

A Concelleira de Igualdade e o equipo do CIM  do Centro de Información á Muller de Soutomaior presentaron nesta xornada a memoria do CIM do 2025. Un documento que deixa patente, un ano máis, a necesitade de contar con este Centro no concello de  Soutomaior, un espazo prioritario para o Goberno Local.

Rosana Martínez Boullosa, concelleira de Igualdade, Cristina García, psicóloga e directora do CIM de Soutomaior , Clara Eugenia Rodríguez Varela, avogada do CIM e  Margarita Taboada, Técnica de Igualdade do CIM,  presentaron nesta xornada a memoria da actividade do Centro de Información á Muller, uns datos que deixan patente que este centro é unha prioridade para o concello de Soutomaior e para o Goberno Local.

Segundo os datos coñecidos nesta xornada podemos saber que as consultas realizadas foron as seguintes: 142 de asesoramento xurídico, 356 atención psicolóxica , 42 atención a vítimas de violencia de xénero, 1 atención a vítimas de violencia intraxénero  e 273 Información de outros  recursos de conciliación e outras actividades de igualdade.

Ademais das consultas, realizáronse a solicitude das axudas a todas aquelas mulleres que o demandaron, coma a prestación de pago periódico para vítimas de violencia de xénero ( 4 solicitudes), prestación de pago único para v.vx ( 1 solicitudes) ou as estadías de tempo libre. Tamén se tramitaron 9 novas solicitudes de  servizo de acompañamento telefónico ATENPRO, para vítimas de violencia de xénero.

Para favorecer a saúde física, emocional e mental das persoas usuarias do CIM, así como promover os seus hábitos de autocoidado,  dentro do Espazo Autocoidado,  realizáronse un total de 6 obradoiros ao longo do pasado ano, Apoderamento Corporal, Mindfullness, Arteterapia, Solo Pelviano Biodanza, e igualdade afectivo-sexual organizados en pequenos grupos , onde participaron 85  mulleres .

No 2025, promovéronse desde o Concello unha aposta por fomentar as actividades de conciliación, dentro do Espazo Concilia  realizáronse catro campamentos para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante períodos non lectivos dos colexios, Semana santa, Trouleando Verán  e Espazo Concilia nadal  onde participaron un total de 166 nenas e nenos do municipio, cubrindo así todos os períodos non lectivos .

Así mesmo, realizáronse actividades especificas para conmemorar as datas do 8 de marzo e o 25 de Novembro, días internacionais da muller e contra a eliminación da violencia machista, respectivamente.

Entregando por votación no Consello Feminista Municipal  o Recoñecemento Municipal “María , á das mil flores” a Marisol Santomé, dentro da campaña 8m.MATRONALIA, de visibilización e recoñecemento a figura das matronas nas conquistas feministas.

O espazo redes é un programa de intervención comunitaria para fomentar o tecido asociativo e a creación redes veciñais entre mulleres, en especial de mulleres do rural, do Concello de Soutomaior. Dando a coñecer a importancia da labor das mulleres no rural, dando voz a un colectivo especialmente esquecido. Dentro de este espazo desenvolveuse o programa Enredadas cun total de 6 obradoiros escollidos por cada asociación de veciñas con vogalía da muller ou asociación de mulleres rurais que se desenvolveron nos últimos meses do ano pasado, con máis de 100 participantes.

Ademais, realizáronse unhas 51 actividades dentro da programación anual de Igualdade, entre as que destacan actividades como Eira de actualidade, a inauguración do programa FEDELLANDO, con actividades artísticas e artesanais e  a edición  XVII do Encontro  anual de mulleres do Concello de Soutomaior e a segunda edición da A ORGHULLOSA, 2ª festa das identidades diversas e disidente,

Lembrar  que o CIM é o centro de información a Muller que se atopa na rúa Peirao, nº 8 en Arcade, no Centro de Benestar Integrado. Calquera persoa,  que así o considere poder facer uso do servizos, chamando o número   de teléfono 986701227 para pedir cita previa.

Publicacións Relacionadas