HomePontevedraCaldasO CIM de Valga e Moraña ofrecerá servizos de atención psicolóxica e...

O CIM de Valga e Moraña ofrecerá servizos de atención psicolóxica e asistencia xurídica na Casa do Concello de Pontecesures

- Anuncio -spot_img

O Centro de Información á Muller (CIM) de Valga e Moraña comezará mañá mércores 31 de maio a prestar os seus servizos na casa do Concello de Pontecesures. Así, o CIM ofrecerá dous tipos de servizos ás veciñas de Pontecesures: atención psicolóxica e asistencia xurídica, grazas a un convenio de colaboración asinado co Concello de Pontecesures.

O servizo de atención psicolóxica estará dispoñible todos os mércores desde mañá, en horario de 12:00 a 14:00 horas, mentres que o de asistencia xurídica será todos os venres, de 9:30 a 11:30 horas. Máis información: 986 557 125 (Concello) ou 986 564 409 (Asistencia Social).

Publicacións Relacionadas