HomeBaixo MiñoA GuardaO Clinic do Celta forma na Guarda a rapaces de 6 a...

O Clinic do Celta forma na Guarda a rapaces de 6 a 13 anos

- Anuncio -spot_img

Este ano volve á Guarda o Clinic do RC Celta de Vigo  ao campo de fútbol da Sangriña. Coa colaboración do Concello da Guarda e do Sporting Guardés, esta actividade permite á rapazada seguir fortalecendo as habilidades futbolísticas, sen esquecer os valores do deporte.

Esta será a cuarta edición que permite aos nenos adestrar, aínda que fose por uns días, como os seus xogadores favoritos. O Clinic realizarase o do luns 30 de marzo ao mércores 1 de abril en horario de 9:30 a 14:00h.

Ao remate os participantes recibirán como agasallo a bolsa celtista: gymsac, camiseta conmemorativa, pulseira e postal do xogador do RC Celta; ademais, farase unha entrega de diplomas e un sorteo de agasallos.

A inscrición xa está aberta para os xogadores desde a categoría prebenxamín ata os infantís e na páxina web do Celta: https://rccelta.es/fundacion/formacion/clinics/. O prezo é de 89€, pero os xogadores do Sporting Guardés e aqueles que conten co Carné Celtista contarán cun desconto do 10%.

Publicacións Relacionadas