Os dous puntais de lanza do CECVi, Rosa Cano e Daniel Pinto, pelexan a nivel galego e nacional respectivamente por defender as cores blanquinegros do Club vigués.
Esta fin de semana celebrouse en Santiago de Compostela a XV edición do “Open Compos”, torneo que cada ano xunta aos tiradores galegos de Espada. A participación viguesa veu da man de Rosa Cano, Marta Murias e Clary García que obtiveron o 2º, 12º e 15º posto respectivamente. A mañá abríase cunha fase de poules onde todas as tiradoras clasificaban para a seguinte fase de eliminatorias directas. As tiradoras Clary García e Marta Murias apeábanse da competición no taboleiro de 16, mentres que Rosa Cano avanzaba na competición de forma directa ata o taboleiro de 8, onde se desfixo de Nieves Eiriz do Club 100 tolos por un contundente 15-4. Seguidamente en semifinais realizou un asalto a gran nivel, levándose a vitoria por 15-11 fronte a Noa Sanjurjo, tamén do Club 100 tolos. Xa na final, despois dun longo asalto e por un só tocado, obtivo a prata ao perder 15-14 contra Elisa Martínez, do Club Esgrima Coruña, actual campioa galega.
Alén do país, en Amposta, Daniel Pinto sostivo a actuación do florete masculino absoluto do club, no 2º Torneo Nacional de Clasificación, onde obtivo a 14º posición. Na fase de poules cultivou 4 vitorias e 2 derrotas, o cal lle permitiu pasar exento a primeira eliminatoria do taboleiro de 64. No taboleiro de 32 enfrontouse a Adrián Villapalos, baténdolle por un claro 15 a 8, conseguindo o pase aos 16 mellores do torneo. O seu seguinte rival, Sergio Lacasta, cortou a súa progresión na competición por un 15-9. Deste xeito, o noso recente campión galego Daniel Pinto foi tamén o mellor galego da competición masculina nacional.



