As outras variedades presentadas por Cátering Arelas foron con redución de mencía, arroz e calabaza ou en salsa de champiñóns e calabacíns e pemento.
O domingo 22 de xuño volverase degustar na Festa Gastronómica do Codillo este produto preparado en modo estofado con guarnición de patacas asadas, chícharos e cenorias ao decantarse o xurado da cata por esta modalidade fronte a outra a base de redución de mencía, arroz e calabaza e en salsa de champiñóns e calabacións e pemento.
Así o Concello da Lama volve decantarse pola preparación estofada con guarnición de patacas asadas, chícharos e cenorias para a XXIII edición da Festa do Codillo que terá lugar baixo carpa na Alameda o vindeiro domingo 22 de xuño, a partir das 13:30 horas.
Tras realizar a pertinente cata, o xurado composto polo alcalde David Carrera, o tenente de alcalde José Fortes, o concelleiro de Cultura e Deportes, Plácido Pillado Alfaya e a concelleira de Servizos Sociais, Trinidad Fernández Oubiña, a psicóloga do CIM, Galiza Aguete, e a doutora do Centro de Saúda da Lama Vanesa Cernadas decidiron apostar novamente pola preparación estofada e con guarnición de patacas asadas, chícharos e cenorias.
A preparación elixida polo foi a que tradicionalmente ten mellor acollida entre o público, o Codillo Estofado, que nesta ocasión rivalizou en sabor co preparado redución de mencía, arroz e calabaza ou en salsa de champiñóns e calabacíns e pemento. Estas tres modalidades foron preparadas pola cociñeira de Cátering Arelas, de Vincios (Gondomar), Rosa María Fragueiro, encargada de servir os pratos durante a xornada gastronómica.
Deste xeito e co fin de evitar acumulación de público e longas colas, ampliarase a venda anticipada dos tíckets, ata o 20 de xuño, a un prezo de 15 euros na Biblioteca e poderanse tamén retirar o mesmo día da Festa na Alameda.
A apertura dos stands de servizo de racións do codillo será polo tanto ás 13:30 horas co fin de axilizar ao máximo a súa repartición e evitar aglomeracións innecesarias. Manterase aberto ata esgotar existencias e servirase ata as 15 horas.
MANTENSE O PREZO EN 15 EUROS
A pesar do aumento do IPC e do custe da vida, o alcalde do Concello da Lama, David Carrera, decidiu manter en 15 euros o prezo definitivo do pack desta festa gastronómica que, ademais do codillo estofado, o adquiriente do tícket ten dereito a un anaco de pan, cubertos e un prato de barro conmemorativo do evento, que os comensais poderán levar como recordo; así como a bebida.
ACTUACIÓN DE OS ENCERELLADOS E A BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DA LAMA
Ademais da actividade meramente gastronómica, a XXIII Festa do Codillo estará amenizada musicalmente falando Charanga Os Encerellados, de Campo Lameiro. Pola tarde, a Banda Música Municipal da Lama ofrecerá un concerto, a partir das 20 horas, na propia Alameda.