O vindeiro venres 4 de novembro, de 18.00h a 21.00h no Multiusos de Marín, a asociación JMV (Juventudes Marianas Vicencianas) do Colexio La Inmaculada organiza unha Festa Solidaria dirixida á rapazada de Marín desde 4º de Primaria e animan a participar aos maiores de ESO e Bacharelato, xa que ademais de contar con DJ, están previstas actuacións musicais en directo dirixidas especialmente a eles. Será unha xornada diferente de música, baile, obradoiros…
O donativo de entrada será só de 2€ (3€ con merenda que inclúe sándwich e bebida). Haberá ademais un posto de venta de comida e artesanía. A recadación irá destinada a contribuír cos gastos da asociación e a MISEVI, ONGD vicenciana.



