O Colexio San José da Guarda gaña o 2º Premio Nacional de Endesa Educa

adminON
Lectura mínima de 2
  • Os resultados sobre a súa investigación da enerxía expuxéronse na Casa do Concello do 22 ao 25 de abril

O colexio San José acaba de ser recoñecido polo seu traballo sobre a enerxía. O centro escolar recibirá o 2º Premio Nacional de Endesa Educa polo seu proxecto “Salvar o mundo”, realizado polo alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria.

Neste programa participaron mil colexios de toda España para traballar sobre a enerxía. O alumnado do colexio San José, realizaron as súas investigacións e deron divulgación a estes resultados nunha exposición na Casa do Concello do 22 ao 25 de abril.

Os alumnos e alumnas encargáronse de explicar o concepto de enerxía e os seus tipos, a súa transformación e expuxeron de maneira práctica e interactiva os seus proxectos, prototipos, etc…

“Polo que puidemos ver no Concello, todos e todas traballaron moi duro e con moita ilusión neste proxecto; merécense este recoñecemento, sen dúbida ningunha”, asegura o alcalde. “Ademais é un proxecto que educa as novas xeracións en valores tan importantes como o medio ambiente, a sostibilidade, eficiencia e aforro enerxético”.

O próximo 17 de xuño recibirán o seu premio de xeito oficial con directivos de Endesa e científicos para a exhibición de ciencia.

Comparte este artigo