HomeVigoMosO coloquio da película “Rondallas”, un dos actos centrais do Rondallas Fest,...

O coloquio da película “Rondallas”, un dos actos centrais do Rondallas Fest, será de entrada libre ata completar a capacidade do auditorio do Pazo de Mos

- Anuncio -spot_img

Contará coa participación do director da película Daniel Sánchez Arévalo, e cos actores María Vázquez, Carlos Blanco, Touriñán, Judith Fernández e Fer Fraga

O Concello de Mos celebra esta fin de semana o Rondallas Fest, un evento de primeiro nivel que combina cinema, música en directo, encontro cos protagonistas da película “Rondallas”, obradoiros infantís e o tradicional certame de rondallas.

A programación arrinca o venres 12 ás 19:00 h coa inauguración da exposición “Rondallas Fest” no Auditorio do Pazo de Mos. O acto contará cun concerto de Vacaloura Vermella, formación responsable da banda sonora orixinal da película Rondallas.

Coloquio aberto ao público – Sábado 13 de decembro

O sábado 13 ás 12:30 horas, o Auditorio do Pazo de Mos acollerá un coloquio aberto ao público, con entrada libre ata completar a capacidade do devandito auditorio, arredor da película “Rondallas” e do fenómeno cultural que inspira o filme.

Neste coloquio participarán o director da cinta, Daniel Sánchez Arévalo, e os actores e actrices María Vázquez, Xosé Antonio Touriñán, Carlos Blanco, Judith Fernández e Fer Fraga.

O encontro está concibido como unha conversa na que se abordarán a creación da película, a investigación previa, o proceso artístico e o impacto emocional e social das rondallas. Cabe destacar tamén que o moderador deste coloquio, Alejandro Pérez, tamén participa na película de Sánchez Arévalo realizando o papel de presentador do certame de rondallas, tarefa que tamén desempeña na realidade.

Este acto inclúe tamén a proxección do tráiler oficial da película, e do do tema oficial da mesma, “Tempo de Rondallas”, composta por Vacaloura Vermella.

Certame

A partir das 16:30 horas, no exterior do Pazo de Mos, celebrarase a primeira xornada do Certame de rondallas, precedida dun monólogo de Carlos Blanco, que achegará humor e ambiente festivo á tarde. Haberá tamén zona gastronómica.

A orde de actuación será a seguinte:

  • Rondalla do Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos – Mos
  • Rondalla Asociación Cultural e Musical de Pontellas – O Porriño
  • Rondalla do Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor – Nigrán
  • Rondalla Santa María– O Porriño
  • Rondalla A Miroteira, Ventosela – Redondela
  • Rondalla da Sociedade Cultural Helios de Bembrive – Vigo
  • Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios – O Porriño
  • Rondalla da Asociación Club Santiaguiño de Guizán – Mos

Xa o domingo, a partir das 12:30 horas, a Biblioteca do Pazo de Mos acollerá un obradoiro de fabricación de instrumentos rondalleiros e chapas dirixido á cativada (Inscricións nos teléfonos: 986 33 94 04 e 986 33 80 80).

Pola tarde, tamén con zona gastronómica, celébrase a segunda parte do certame de rondallas, coa actuación das seguintes agrupacións:

  • Rondalla da Asociación O Mosteiro de Peixegueiro – Tui
  • Rondalla da Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios – Gondomar
  • Rondalla da Asociación Folclórica Airiños da Lagoa, Baíña – Baiona
  • Rondalla da Asociación Veciñal e Cultural San Mamede de Zamáns – Vigo
  • Rondalla do Centro Social Cultural e Recreativo de Beade – Vigo
  • Rondalla do Centro Veciñal e Cultural de Valladares – Vigo
  • Rondalla da Asociación Cultural A Merced de Chaín – Gondomar
  • Rondalla da Asociación Cultural de Herville – Mos
  • Rondalla do Centro Recreativo e Cultural de Torroso – Mos

Publicacións Relacionadas