O Concello de Baiona tivo onte o seu primeiro incendio forestal que afectou á zona de la Iglesia de Baredo, afortunadamente, foi controlado de forma rápida e segura sen danos persoais nas vivendas da zona.
Hoxe celebrouse unha reunión, xa programada, coas comunidades de montes de Baiona (Baiona, Baíña, Belesar, Santa Cristina, A Granxa e Baredo), con Comunidades de Augas, Protección Civil, Gestagua e Garda Civil, onde tamén estaban os servizos municipais da Policía Local, Medio ambiente e Vías e obras para poñer en común as accións para tomar en colaboración coa Xunta de Galicia #ante a vaga de incendios. A reunión foi cordial e mostrouse o interese de todas as partes para acabar con esta secuela que esta arrasando á nosa Comunidade autonoma.
Desde o Concello de Baiona informamos os veciños e visitantes que as vías de comunicación do posible incendio son o 085, ou o 112, ademais dos teléfonos da Policía Local e Garda Civil. É moi importante informar da localización e das estradas ou pistas para chegar ao foco canto antes e minimizar os danos.
A vixilancia no monte está a ser realizada polo corpo da Garda Civil, a Policía Local de Baiona e protección civil, así como algunha Comunidade de Montes, xa que destacamos a importancia da detección precoz para poder identificar o posible incendiario.
Desde o Concello transmítese á Xunta a localización dos hidrantes para poder obter a auga para que os efectivos antiincendios póidanse fornecer en caso de necesidade para que poidan sufocar os focos incendiarios canto antes.
Desde o Concello de Baiona queremos remarcar a importancia nestes días de cumprir a normativa contra o lume e avisar rapidamente ao 085 ou o 112 para que, no caso de que xurda algún foco en nosa Villa, podámolo sufocar canto antes.