Ponteareas ía albergar un Complexo Ciclista, onde poder crear unhas instalacións únicas en Galicia e entre as 5 mellores de España, para practicar as modalidades de Bmx, Dirt, Mtb, Skate e Roller.
Tras conseguir o lugar onde albergar as instalacións, puxéronse en contacto co Concello de Ponteareas, chegando o seu Presidente Marcos Porto Isla a un acordo de colaboración onde ao Concello non lle supoñía un custo monetario, soamente un pouco de pintura e o traslado da terra necesaria para facer as instalacións, xa que eles mesmos conseguíana e só necesitaban do traslado.
O concello pido a Sportskids paciencia xa que nese momento faltaba pouco tempo para celebrarse o Corpus e estaban con moito traballo. Unha vez pasadas as festas florais, a escusa foi que estaban os operarios de vacacións e agora xa nin contestan as chamadas nin mensaxes da entidade.
A entidade Sportskids lamenta esta situación, xa que debido á magnitude das instalacións, só son posibles coa colaboración de entidades públicas.
Debido ao acordo chegado co Concello de Ponteareas, desde Sportskids comezaron a investir diñeiro no proxecto, cumprindo así o seu parte do acordo, conexión eléctrica, cambio das instalacións interiores de luz e auga, portas novas.
Así mesmo Sportskids xa fixo a súa gran aposta, que foi a de comprar unha rampla Airbag de ata 3 metros de alto e 9 de longo, onde os ciclistas poidan practicar os seus saltos sen chegar a lesionarse, tendo así una das únicas ramplas que existen actualmente en España dese tamaño.
Sportskids tamén xa comezara a manter contactos con Empresas e outras Administracións Públicas as cales tamén mostraron o seu apoio ao proxecto.
Actualmente desde a entidade están a tentar buscar o apoio doutras Administracións Públicas Xunta de Galicia ou Deputación de Pontevedra, para poder así levar a cabo devandito proxecto canto antes e dar así unhas instalacións de calidade, soamente comparables a algunhas de Cataluña como A Poma Bikepark.
A Asociación Educativa e Sociocultural Sportskids agradece a colaboración da Asociación de Veciños de Moreira pola cesión do seu Campo de Fútbol en desuso, os cales desde un primeiro momento mostraron o seu apoio ao proxecto.
Para estar ao día das noticias destas Instalacións, podedes seguir as súas redes sociais en Facebook e Instagram baixo o nome de Bikepark Sportskids.



