HomePontevedraBaixo MiñoO Concello abre as inscricións para o campamento de verán do Rosal

O Concello abre as inscricións para o campamento de verán do Rosal

- Anuncio -spot_img

As solicitudes poderán presentarse do 19 ao 30 de maio. O obxectivo é ofrecer actividades lúdicas e educativas a nenas e nenos ao tempo que se fomenta a conciliación

O verán está aí, e coa chegada das vacacións escolares, o Concello do Rosal dá un paso adiante para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral. Este luns 19 de maio ábrese o prazo de inscrición para o campamento de verán municipal ‘Sementeira de igualdade’, unha iniciativa encadrada no Programa Corresponsables da Xunta e pensada para dinamizar o tempo libre dos nenos e nenas mentres fomenta valores imprescindibles para a sociedade do futuro.

A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, destaca que “o obxectivo principal deste campamento é facilitar a conciliación familiar a través de actividades educativas e lúdicas que permiten aos rapaces e rapazas desenvolverse nunha contorna segura e enriquecedora, promovendo a igualdade de xénero, o respecto mutuo e a corresponsabilidade”.

O campamento, que terá lugar no CPI Manuel Suárez Marquier durante os meses de xullo e agosto, ofrece prazas limitadas para nenos e nenas matriculados para o curso 2024/2025 en 4º, 5º e 6º de educación infantil ou en educación primaria. As familias poderán optar por meses completos (100 €) ou quincenas (60 €).

O horario do campamento será de 09:00 a 14:00 horas, con opción de ampliación de 08:00 a 15:00 en función das necesidades das familias. Poderán inscribirse nenos e nenas empadroados no Concello do Rosal ou cuxos proxenitores ou titores legais traballen ou teñan negocio no municipio.

As inscricións estarán abertas ata o 30 de maio e poderán realizarse presencialmente no Rexistro municipal en horario de 09:00 a 14:00 horas ou a través da Sede Electrónica do Concello. As solicitudes deberán incluír a documentación solicitada, entre a que destacan o cuestionario de saúde, autorización de recollida, fotocopias de DNI e libro de familia, así como certificados de discapacidade ou situacións especiais cando sexa o caso.

Publicacións Relacionadas