Home O Salnés A Illa de Arousa O concello abre o prazo de inscripción para as comparsas e para...

O concello abre o prazo de inscripción para as comparsas e para a recollida de materiais

- Anuncio -

Os grupos participantes recibirán axudas municipais que van desde os 400 euros para os locais ata os 150 euros para os que se participen por primeira vez

As Concellalía de Festas, Cultura e Servizos comezan xa a traballar na organización do Entroido 2023 coa apertura do prazo de inscripción das comparsas e grupos participantes e co deseño dunha programación que se prolongará durante seis días.

A inscripción abre o prazo tamén para que as comparsas participantes recollan os materiais que precisen para armar as súas carrozas. Como en anos anteriores o cartón será suministrado polo Concello e o resto de materiais poderán ser retirados nas ferreterías e tendas de efectos navais de costume.

As bases que regularán a participación no entroido arousán están ainda perfilándose pero o concelleiro de Servizos, Luis Arosa, adiante que as aportacións en metálico serán tamén similares ás da edición anterior con 400 euros para os grupos locais; 300 euros para as que leven 4 anos participando na programación arousana e 150 para as novas comparsas.

Luis Arosa recorda ás comparsas a obriga de participar polo menos en dúas das convocatorias lúdicas que se organicen na programación así como no Desfile do domingo de Entroido para percibir as mencionadas cantidades económicas. Insiste tamén na obrigatoriedade de que os participantes cumpran coa corrección no comportamento xa que calquier altercado ou alteración suporá a pérdida das axudas económicas municipais.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas