HomePontevedraO concello acende o seu alumeado para Vivir un Nadal en Soutomaior

O concello acende o seu alumeado para Vivir un Nadal en Soutomaior

- Anuncio -spot_img

O concello inaugurou na tarde noite, do sábado 6 de decembro, o seu Nadal para Vivir en Soutomaior. Co espectáculo de Troula “Conto de Nadal”, o acendido das luces coa colaboración da Asociación Bicos de Papel e o espectáculo musical “Orquestra de Camarote Band” e unha chocolatada.

A choiva non empanou a maxia do Nadal, e dende a tarde noite do sábado, en Soutomaior xa chegou unha das épocas máis agardadas doa ano o acendido das luces de Nadal. Un Nadal para vivir con actividades para todo o mundo, un Nadal para vivir a inclusividade, a conciliación, a igualdade, un Nadal para vivir no Comercio e na Hostalería, un nadal para que vivan todas as veciñas e veciños do concello e para que o desfruten tamén todo aquel que desexe visitar este concello  ten preparadas para estes días.

O tempo non influíu na programación xa que as actividade se desenvolveron na nosa carpa de Nadal instalada na Alameda de Talo Río. Con moito ambiente as actividades deron comezo ás 16:30h.co mercado das ANPAS do IES Soutomaior, do CEIP Manuel Padín Truiteiro e do CEIP de Ponte Sampaio, os cartos recadados neste mercado será para axuda destas alumnas e alumnos para súa excursión de fin de curso. Ás 16:30h. deu comezo o exitoso obradoiro de “adornos naturais para a árbore de Nadal” onde as veciñas e veciños puideron facer orixinais adornos a cargo da florería Papula, a continuación, chegou un fermoso o espectáculo de rúa “Conto de Nadal”, e ás 18:30 foi o momento do acendido das luces do concello grazas á Asociación Bicos de Papel (familias que pasaron ou están pasando pola experiencia de ter unha filla ou fillo con cancro) eles foron os encargados de dar o pistoletazo de saída a este Nadal en Soutomaior.

O alcalde, Manu Lourenzo, quixo agradecer a presenza de toda a veciñanza onte en Talo Río, “ver hoxe esta praza chea de vida con todas e todos vós aquí e para o Goberno todo un recoñecemento da veciñanza, que pese a previsión estades aquí sumando, participando e formando parte deste día especial”. Manu Lourenzo dixo tamén que “hoxe pensabamos que o Nadal ten o significado de vida, unha época na que nos atopamos, na  que compartimos, un Nadal para Vivir en Soutomaior, e para compartir vida ninguén mellor que una referencia e un exemplo do que é o amor pola vida, pola esperanza, e, sobre todo, as ganas de vivir e as ganas de compartir a vida con todas e todos nós, como

é a Asociación Bicos de Papel”. Pola súa banda, Iker, un mozo da Asociación Bicos de Papel conseguiu emocionar a todas e todos os presentes agradecendo o convite do Goberno a este acendido, Iker lembrou que “esta época é moi bonita para compartir con toda a familia e tamén lembrar todas e todos os nenos que o están pasando por un mal momento nun hospital, é importante dar visibilidade ao cancro infantil para que vaia todo a mellor e apoiar a todas estas nenas e nenos para que poidan estar mellor, felices e que poidan pasar o seu tempo como unha persoa normal sen ter que estar pensando na enfermidade”

Un acendido de luces que chega un ano máis a todos os barrios de Soutomaior e que, neste ano, ampliou a súa extensión a outras zonas do concello. O obxectivo do concello é ampliar cada vez máis este alumeado e chegar a todos os puntos do mesmo.

Tralo acendido do alumeado a diversión continuou en Talo Río  co espectáculo musical “Orquestra de Camaronte Band” para a cativada e onde ademais houbo chocolatada de balde que contou con moitísimo éxito, para quentar o corpo e desfrutar do Nadal en Soutomaior.

A vindeira cita deste programa será o vindeiro venres, 12 de decdembro, coa charla coloquio con Lidia Mariño ‘AS TRADICIÓNS GALEGAS DE NADAL’ ás 20:00h. no Multiúsos (entrada de balde ata completar o aforo), o sábado 13 chegará o I Encontro Inclusivo neste Nadal de Soutomaior e o domingo 14 o II Mercado de Oportunidades e de Segunda Man.

Dende o concello convidan a todo o mundo a, dende esta fin de semana a, VIVIR O NADAL EN SOUTOMAIOR.

Publicacións Relacionadas