HomePontevedraPoioO concello acometerá a impermeabilización do Centro Cultural Xaime Illa de Raxó

O concello acometerá a impermeabilización do Centro Cultural Xaime Illa de Raxó

- Anuncio -spot_img

• A tenente de alcalde e responsable de Espazos Cidadáns e Participación Veciñal, Silvia Díaz (Avante Poio), sinala que os traballos contarán cun orzamento que ascende a máis de 47.000 euros

• As obras centraranse na posta a punto da cuberta transitable, da fachada e da carpintería exterior, e levaranse a cabo de tal xeito que interfiran o menos posible no uso interior das dependencias

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar neste mes de decembro o expediente para iniciar o proceso de contratación da impermeabilización parámetros verticais e horizontais no Centro Cultural Xaime Illa Couto, na parroquia de Raxó. Trátase dunha actuación que contará cun orzamento que ascende a un total de 47.778,01 euros, IVE engadido e que, tal e como explica a tenente de alcalde e concelleira de Espazos Cidadáns e Participación Veciñal, Silvia Díaz (Avante Poio), é necesaria para eliminar as filtracións de auga e humidade que se producen a través da cuberta.

“Nos últimos anos vimos levando a cabo a posta a punto e a mellora da Rede de Espazos Municipais. No Centro Cultural Xaime Illa, acometeranse obras de mantemento que servirán para acadar unha impermeabilización total deste edificio, que é unha das instalacións municipais máis importantes que temos en Poio”, apunta Díaz, que sinala que as tarefas porán punto e final aos danos e ao deterioro que se teñen ocasionado pola entrada do humidade, por mor do paso do do tempo e das condicións meteorolóxicas. A memoria técnica constata que a actuación servirá para impermeabilizar a cuberta plana transitable, así como a fachada e as carpinterías exteriores. Deste xeito, levarase a cabo un selado de xuntas co aplacado de pedra natural empregando un morteiro flexible.

Repararanse, asemade, as fisuras existentes, mediante a aplicación dun morteiro hidráulico e un fixador de pliolite para, posteriormente, aplicar un revestimento elástico antifisuras, a base de resina acrílica.

O proxecto contempla a maiores o saneado da cuberta plana e a reparación dos teitos de escaiola. O prazo de execución estimado para completar estes traballos é de dous meses.
Unha vez aprobado o expediente, ábrese o proceso de licitación. A tenente de alcalde confirma que o desenvolvemento destes traballos realizarase de tal xeito que interfiran o menos posible coas programacións que se levan a cabo no interior das dependencias,

Publicacións Relacionadas