• O edil de Obras e Servizos Municipais Julio Casás (PSdeG-PSOE), explica que a actuación centrarase no tratamento do muro de contención e na ampliación nas zonas máis estreitas, para garantir a seguridade
• Os traballos servirán para dar continuidade aos labores xa efectuados no tramo máis próximo á PO-308
O concelleiro de Obras e Servizos Municipais, o socialista Julio Casás, visitou este martes o Camiño Casás, situado na parroquia de Combarro.
Trátase dunha vía secundaria que é moi utilizada pola veciñanza e na que o Concello contempla acometer obras de mellora. Tal e como explicou Casás Barral, os traballos centraranse na ampliación e reforzo do muro de contención do camiño.. A maiores, tamén se anchearán as zonas más estreitas, a fin de garantir unha maior seguridade e facilitar o tránsito peonil e de vehículos. O edil do Goberno local apunta que se está a falar con propietarios de terreos aos que afectará a actuación para acadar as pertinentes cesións.
Este proxecto será levado a cabo pola Administración municipal con fondos propios e dará continuidade á mellora que xa se efectuou hai uns anos, a través da Concellería de Obras, na parte inicial desta vía, que enlaza coa PO-308, e que utilízase de xeito habitual como alternativa á estrada autonómica, especialmente durante os meses de verán. A maiores, a obra tamén servirá para levar a cabo unha renovación do pavimento, que nalgúns tramos atópase en situación de deterioro.
Por outra banda, Julio Casás tamén salientou que está a piques de rematar a mellora do Camiño Espiñeiros, en Lourido, na parroquia de San Salvador. “A cuneta tendida e o novo pavimento xa están listos e só falta realizar o pintado, que se completará en poucos días”, garantiu. Esta actuación contou cun orzamento superior aos 23.000 euros e incluíu a dotación dunha rede de recollida de augas pluviais, renovándose os tramos máis deteriorados e instalándose naquelas zonas nas que aínda non existía. Agora, as vivendas colindantes contarán con esta prestación.



