Home O Morrazo Cangas O concello acometerá a pavimentación ecolóxica da rúa de Fora en Donón...

O concello acometerá a pavimentación ecolóxica da rúa de Fora en Donón con 158.508 euros

- Anuncio -

O proxecto, financiado co Plan Concellos e consensuado coa veciñanza, da solución aos problemas de salubridade xerados polo estado actual da pista

O Concello de Cangas sacará en breve a licitación o pavimentado ecolóxico da rúa de Fora en Donón, financiada a través do Plan Concello 2022 con 158.508,80 euros. A pista a pavimentar ten unha lonxitude de 670 metros e actuarase nunha superficie total de 4.322 metros cadrados.

A alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, explica que esta actuación incluíuse no Plan Concellos debido ás reiteradas queixas veciñais, xa que un tramo desta pista coincide e da acceso a un núcleo de vivendas, que padecen as consecuencias na súa saúde da nube de pó que levantan os numerosos coches que transitan por este entorno ben para gozar das vistas ou ben para acceder ao Monte do Facho e as súas escavacións.

A vía a pavimentar delimita o remate do núcleo de Donón e separa dúas calificacións urbanísticas diferenciadas, unha de suelo non urbanizable de núcleo rural e outra de suelo non urbanizable de protección de espazos naturais.

O proxecto, que recolle as suxestións trasladadas ao Concello pola veciñanza que reside nesta contorna, contempla a apertura dunha caixa para a nova pavimentación; a excavación mecánica de cuneta con motoniveladora; o transporte con camión basculante dos residuos a un centro autorizado; a formación de cuneta de formigón coloreado triangular tipo V-20 e o pavimentado da pista en formigón de 15 centímetros de cor terrizo.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Publicacións Relacionadas