HomePontevedraPoioO concello activa unha alternativa para reubicar o tráfico de autobuses en...

O concello activa unha alternativa para reubicar o tráfico de autobuses en setembro

- Anuncio -spot_img

O Concello de Poio pon en marcha un plan para reubicar o tráfico turístico de autobuses nun mes onde se espera a chegada dunha gran afluencia.
Para o mesmo reubica tres paradas de 15 minutos. Xa se iniciaron os traballos para habilitar unha nova parada de autobús na PO-308, na Avenida da Cruz, situada no centro urbano da parroquia de Combarro. A concelleira de Seguridade Cidadá, Marga Caldas (BNG), explica que este espazo, que estará operativo nos vindeiros días, estará destinado a buses comerciais. Esta parada, que contará coa pertinente sinalización vertical e pintado horizontal, sitúase a carón da que utilizan os autobuses que cobren a liña de transporte público.

Caldas lembra que esta medida é necesaria e foi acordada co tecido veciñal e o sector da hostalería este mesmo verán, logo do inicio das obras do emisario da ría por parte da Xunta de Galicia. “A día de hoxe, por mor desa actuación, os vehículos non poden acceder ao peirao da Canteira pola baixada que utilizaban habitualmente os autobuses, polo que tivemos que buscar outras alternativas para evitar atascos e embotellamentos na circulación”, apunto a titular de Seguridade Cidadá, que tamén recorda que a día de hoxe o Concello tamén ten habilitadas outras zonas para acoller autobuses turísticos, no lugar de Chancelas e moi próximos ao casco histórico de Combarro.

O Concello iniciou estes traballos logo de obter os permisos pertinentes da Consellería de Infraestruturas, titular da estrada PO-308. “Ata o de agora, os buses turísticos utilizaban a parada convencional do transporte público, pero somos conscientes de que tanto durante setembro como en outubro son moitas as excursións organizadas que se achegan a Combarro, polo que era necesario habilitar este novo espazo”, concluíu Marga Caldas.

Publicacións Relacionadas