HomeO MorrazoMarínO Concello actúa no muro da praia do Santo ante o inminente...

O Concello actúa no muro da praia do Santo ante o inminente risco de derrubamento

- Anuncio -spot_img

O Concello de Marín está a piques de rematar unha actuación de emerxencia que tivo que levar adiante no muro de contención da Praia do Santo, xa que esta estrutura presentaba unha serie de danos que aumentaron enormemente o risco de derrubamento.

Esta situación, que podía tamén supoñer un perigo importante para os usuarios deste areal, foi detectada polo Concello, que finalmente iniciou os traballos para reparar as problemáticas que se daban no muro e así evitar que a situación fose máis alá.

Desde o Concello sempre se aposta por un mantemento e coidado integral das praias, para poder telas no mellor estado posible xa que se trata de xoias naturais do noso medio que, ademais, son enormemente utilizadas tanto pola veciñanza como pola xente visitante.

Publicacións Relacionadas