O Concello actúa nos accesos a Matos B e C, único acceso ata as vivendas

adminON
Lectura mínima de 1

O Concello de Marín ven de renovar o pavimento dos canellóns de Matos B e Matos C, xa que o estado no que se atopaban era dun deterioro evidente, cheo de fochancas e coa invasión de malas herbas que saían pola multitude de fendas que había. 

A inversión realizada foi entorno a 6.000 euros e a execución consistiu no recrecido das arquetas de tódolos servizos e o extendido e posterior nivelado de unha capa de formigón. 

O Concello segue a impulsar estas pequenas actuacións en diversos lugares do municipio que melloran accesibilidade dos veciños que non teñen outra vía para poder acceder as súas vivendas.

Comparte este artigo