Para participar é imprescindible inscribirse previamente en oficinaturismo@nigran.org
O Concello de Nigrán adicará esta fin de semana o programa ‘Paseando Nigrán’ á península de Monteferro con sendos roteiros guiados sábado e domingo, 1 e 2 de febreiro. O primeiro deles será ata o faro de Punta da Meda e o segundo ata a batería militar J-3. En ambos casos é imprescindible inscribirse previamente en oficinaturismo@nigran.org e o punto de encontro dirase no momento da inscrición. Máis información no 699859418.