HomeO MorrazoCangasO concello adxudica a pavimentación dos vieiros municipais

O concello adxudica a pavimentación dos vieiros municipais

- Anuncio -spot_img

A alcaldesa, Victoria Portas, recoñece a importancia de mellorar os vieiros municipais e a senda peonil para facilitar o tránsito a veciñanza

O Concello de Cangas adxudicou a pavimentación de diferentes vieiros municipais e que serán financiada a través do Plan Concello 2022 con 200.071,20 € .

As actuacións desenvolveranse nos vieiros municipais de :

o Rúa Ferruxiña I e II ( Parroquia de Aldán)
o Rúa Telleiro/ Boticaria (Parroquia de Coiro),
o Rúa da Garita, Rúa Pepe Simón e Lajes do Pico ( Darbo) .

Sete empresas concurriron ao procedemento de licitación convocado polo Concello, sendo a adxudicataria COVSA , a que mellor puntuación obtivo ao presentar unha mellora económica que deixa a obra en 174.402,07 euros.

A alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, insiste na importancia destas obras. Primeiro por tratarse duns viais que precisaban dita pavimentación pero que residen nunha contorna con fortes restriccións/ autorización . “ É un proxecto importante e que tivo que pasar numerosos filtros ata lograr os informes sectoriais favorables da Axencia Galega de Infraestruturas( AXI) , Servicio Provincial de Costas de Pontevedra , Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e O Servizo Territorial de Augas de Galicia, alcaldesa Victoria Portas”

Tamén entre as obras destacar a que se realizará na Rúa da Garita ( Santa Marta) é un dos proxectos de mobilidade peonil, na que se están a crear circuitos seguros para o peón e a bici ( senda mixta) para que o acceso as núcleos de poboación e aos areais se poida realizar sen ter que usar o coche. “é un proxecto que nos axudará de motor de arranque para outros ámbitos coa mesma problemática e que sen a colaboración da veciñanza e asociación de veciños non sería posible”.

Os traballos, que darán comezo cando as clemencias meterolóxicas nos permitan, foron consensuados coa veciñanza residente e as asociación de veciños .

A alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, explica que estas actuacións non serían posibles si o Concello non solicitara o Plan Concellos, que é unha línea fundamental de financiamento do concello. “ Perder liñas de financiación que supoñan un 100% de financiación é de non ser responsable, polo que desde o Goberno pelexaremos para conseguir este tipo de financiamentos. Pois estas obras demostran o beneficio que supón a consecución de este financiamento e a veciñanza que se beneficia desta xestión”

Publicacións Relacionadas