HomePontevedraPoioO concello adxudica o servizo de llimpeza en camiños municipais

O concello adxudica o servizo de llimpeza en camiños municipais

- Anuncio -spot_img

• O concelleiro de Medio Ambiente, Xosé Luís Martínez (BNG), lembra que esta contratación facilitará a realización dos traballos de xeito periódico, nunha extensión que supera os 300 quilómetros en total en todas as parroquias do municipio

• O orzamento ascende a máis de 204.000 euros, IVE engadido, e divídese en cinco lotes diferentes

O concelleiro de Medio Ambiente, Xosé Luís Martínez (BNG), confirmou que o Concello vén de adxudicar o servizo de limpeza en camiños municipais.

Trátase dunha xestión que ten coma obxectivo poder cumprir e dar cobertura ás necesidades que requiren estes traballos, de xeito que se poidan levar a cabo de xeito periódico. Un total de dez empresas participaron no proceso de licitación. Finalmente, a mellor oferta foi a presentada por Juan José Martínez, que asumirá a realización dos cinco lotes nos que se divide o proxecto, e nos que se agrupan todas as vías públicas nas que se acometerán estas labores ao longo das cinco parroquias do municipio.

En total, o orzamento ascende a máis de 204.000 euros, IVE engadido. O titular de Medio Ambiente sinala que a Xunta de Goberno Local xa dou o visto bo á adxudicación, polo que, unha vez estea asinado o contrato, os traballos darán comezo xa neste mesmo verán. En total, a adxudicataria actuará ao longo de 300 quilómetros de extensión , toda vez que se contemplan dúas pasadas por camiño (154 quilómetros por quenda). Os traballos consistirán na corta e limpeza das cunetas dos camiños municipais, incluíndo a retirada de maleza e a poda e posta a punto de árbores e setos. Xosé Luís Martínez salienta os beneficios desta xestión, xa que a contratación permitirá “que se poida levar a cabo este tipo de tarefas de xeito regular e periódico, algo que é especialmente necesario nesta época do ano”. Ata o de agora, estes traballos eran asumidos por persoal municipal.

“Poio conta cunha superficie que chega aos 34 quilómetros cadrados”, lembra Martínez Blanco, e, dada a súa dispersión, “era necesario garantir que estes traballos poidan ser realizados de xeito habitual e non puntual”.

Con respecto á división por lotes, o número 1 abarca camiños das parroquias de Raxó e Samieira, cos núcleos de A Serpe, Riodama, Tenogueira, Tarrío, Covadalaxe, Arén, Publicada, Pomar, Pedreisón, Seimorzáns, Covelo, Igrexa e Monte Bouza (29,3 quilómetros). Con respecto ao lote 2, este correspondente a áreas da parroquia de Combarro e da parte Oeste de San Xoán: Armada, Chancelas, Cidrás, O Xuviño,

Publicacións Relacionadas