Home Pontevedra Caldas O Concello adxudica un proxecto de mellora do saneamento e da pavimentación...

O Concello adxudica un proxecto de mellora do saneamento e da pavimentación en Laxe

- Anuncio -

O Concello de Moraña vén de adxudicar un proxecto para pavimentar e acometer obras de
execución da rede de saneamento nos lugares de Chaián y A Penagrande, na parroquia de
Laxe.

O alcalde, José Cela, achegouse até o lugar para falar coa veciñanza da zona. A necesidade de acometer estes traballos vén xustificada polo deterioro que sufriu o pavimento na Penagrande polo paso do tempo. “Con esta obra, seguimos apostando por mellorar as nosas infraestruturas viarias, conseguindo máis seguridade e comodidade”, asegurou o rexedor.

Rede de saneamento
No que respecta ao saneamento, actuarase na zona de Chaián, na tubaxe que transcorre paralela á estrada provincial EP-8020.

O orzamento global da obra ascenderá a máis de 45.000 euros e está previsto que se dea
comezo con ela a partir da próxima semana. O prazo de execución será de tres meses.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Publicacións Relacionadas