Home Tabeirós A Estrada O Concello adxudicará o luns o asfaltado de viais en Curantes e...

O Concello adxudicará o luns o asfaltado de viais en Curantes e a mellora do equipamento do teatro

- Anuncio -

A Xunta de Goberno Local do Concello da Estrada ten previsto aprobar o vindeiro luns a adxudicación á empresa Movimientos de Áridos y Construcciones Arosa S.L. das obras de asfaltado de viais na parroquia de Curantes por un importe de 114.757 euros.

Esta actuación, que será financiada a través do Plan Concellos e terá un prazo de execución de dous meses, consistirá na limpieza de cunetas e a mellora do firme dos viais dos seguintes lugares da parroquia: A Barreira, Cortes, Igrexa, Campo da Festa, A Nogueira, O Porto, As Pereiras e Curantes Vello.

Por outra banda, a Xunta de Goberno Local tamén aprobará o luns a adxudicación en 43.811 euros á firma Tecesa Acústica Visual S.L. da modernización do equipamento de son e iluminación do Teatro Principal da Estrada, así como a construción dun vestíbulo previo á zona de butacas.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas