test
Home Pontevedra Caldas O Concello amplía a rede de abastecemento de auga no lugar da...

O Concello amplía a rede de abastecemento de auga no lugar da Louriña

- Anuncio -

A obra foi levada a cabo por operarios do departamento de Servizos  Municipais e consistiu na dotación dunha canalización de 380  metros e o acondicionamento da vía 

O alcalde, Manuel Campos, explica que estes traballos leváronse a  cabo para dotar deste servizo básico a unha vivenda que ata agora  non contaba con auga potable, ao non estar conectada á rede  municipal nin á traída 

Nestes últimos días o Concello vén de culminar  unhas obras de ampliación da rede de abastecemento de auga na parroquia de  Cuntis, concretamente no lugar da Louriña, que se levaron a cabo para dotar  deste servizo de primeira necesidade a unha vivenda emprazada nesta zona.  Segundo explicou o alcalde, Manuel Campos, estes traballos acometéronse para  que a devandita vivenda puidese contar con auga potable, xa que ata o de agora  carecía de conexión tanto á rede municipal como á traída. “Agora xa conta con  auga potable e de primeira calidade, grazas a esta actuación”, sinalou o rexedor  socialista, que pasou revista ás obras, levadas a cabo con medios propios da  Administración local e acometida por operarios do departamento de Servizos. 

En concreto, as tarefas consistiron na dotación dunha tubaxe de 70 milímetros  de grosor e unha extensión duns 380 metros aproximadamente, desde as inmediacións da estrada provincial EP-8402 ata esta vivenda particular.  Ademais, tamén se procedeu a deixar en perfectas condicións o arcén da vía,  unha vez rematada a instalación da nova canalización. Con estes traballos  “cumprimos cunha demanda veciñal á que era moi necesaria dar resposta, xa  que, ao contar só cun pozo para o abastecemento, a auga non era de boa  calidade. Agora, en cambio, ten todas as garantías para o seu consumo”,  explicou Manuel Campos. A vivenda pasará agora a abastecerse da auga que  provén da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Sebil, que presta  servizo a un gran número de veciños e veciñas do propio concello de Cuntis, así  como de Moraña. 

Con estas obras, o Concello de Cuntis continúa ampliando a rede de  abastecemento en todo o municipio, seguindo, deste xeito, coa folla de ruta  iniciada nos últimos anos e que, tal e como lembra Campos Velay, serviu para ir  dotando a cada vez máis vivendas deste servizo. Arcos, Couselo, Troáns e San  Mamede de Piñeiro son algunhas das parroquias nas que xa se teñen acometido  actuacións similares. 

Limpeza e desbroce 

Por outra banda, os operarios municipais continúan co zafarrancho de limpeza  desbroce en diferentes espazos, cunetas e vías do concello. Esta semana estase  a actuar nas parroquias de Cuntis, Estacas e Troáns. Estas tarefas dan  continuidade ás realizadas nos días previos en Portela, Arcos e Couselo, así  como en San Mamede de Piñeiro. A isto hai que sumarlle a posta a punto da  área recreativa dos Albariños ou da contorna de San Félix de Estacas, onde se  celebrou a pasada fin de semana a festa do Santo Cristo. Ademais, continúase  traballando de xeito periódico para ter a punto a senda do río Gallo, un dos  principais atractivos do municipio e punto de encontro para moitos veciños e  veciñas.

O alcalde destaca o esforzo dos operarios municipais á hora de realizar estes  traballos, que se levan a cabo cunha maior frecuencia nesta época do ano.

Relacionadas

A Deputación desenvolve o proxecto “Dixitalízate” co que forma en competencias dixitais a preto...

0
As deputadas Belén Cachafeiro, Nava Castro e Isabel Couselo acompañaron hoxe ao alumnado nas formacións presenciais que se desenvolven nos concellos participantes neste “hub”...

Máis de trescentas cativas e cativos participan nos campamentos de verán do concello de...

0
A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, e o concelleiro de Ensino, Ricardo González, visitaron hoxe ao alumnado do campamento de verán que durante esta...

Festín de humor e circo para toda a familia con Dani Blanco e ‘La...

0
Urdime chega a Tomiño con este espectáculo de circo, clown, música e malabares este xoves 4 ás 19.00 h na Praza da Mina Tomiño prepárase...

A pianista Judith Jáuregui chega este sábado ao concerto do Ciclo de Música...

0
Judith Jáuregui convértese nunha das pianistas españolas con máis proxección da súa xeración O Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera, Covelo, convida ao...

Xosé Merelles salienta a consolidación do festival Portamérica como atractivo turístico de Pontevedra

0
O director de Turismo de Galicia participa xunto o delegado da Xunta en Pontevedra na presentación do festival que arranca este xoves no concello...

Este vernres xornada de interpretación astronómica “Ceo de verán. 4 estacións Starlight” en Covelo

0
O Concello de Covelo abre o prazo para inscribirse na observación do firmamento dende a contorna da igrexa da Xestosa, na parroquia de San...

Publicacións Relacionadas