O municipio segue cos preparativos para o gran desembarco corsario do 17 de agosto, a piques de desvelar toda a programación.
Un dos grandes éxitos da Festa Corsaria ano tras ano é a capacidade da nosa vila de converterse, en case todas as súas esquinas, nun auténtico municipio pirata. Consciente da importancia que ten na festa a decoración e a ambientación, o Concello quere animar un ano máis á veciñanza e a todas aquelas personas que nos visitan vila, así como aos locais de hostalaría a que participen no concurso e poidan optar aos premios que se ofrecen.
O obxectivo é premiar os establecementos hostaleiros e mesas de particulares, que polo seu enxeño e ambientación corsaria merezan a consideración do xurado.
No caso das mesas particulares, para participar será obrigatorio presentar solicitude de inscrición, marcando a caixa correspondente no anexo de inscrición da mesa. No caso dos locais de hostalaría, non será preciso inscrición previa, senón que os propios membros do xurado visitarán cada un dos locais da contorna urbana na que se desenvolve a festa.
Tanto a temática como o deseño da decoración será acorde coa época corsaria. No caso dos particulares valorarase a imaxinación, a idea, a estética, a orixinalidade, así como a vestimenta dos comensais. Nos locais de hostalería valorarase a ambientación e decoración exterior, zona de terraza e vestimenta.
Repartiranse os seguintes premios:
● Premio Local de Hostalería Corsario – 200€
● Accésit Local de Hostalería Corsario – 100€
● Premio Mesa Corsaria – 200€
● Accésit Mesa Corsaria – 100€
O xurado do concurso estará composto por representantes de asociacións e colectivos relacionados coa vida marinense. A súa decisión e a entrega de premios farase o sábado 17 de agosto de 2024 ás 21.00 horas na propia Festa Corsaria.

