O sector pesqueiro parará 19 de xaneiro e protestará en Madrid contra a nova norma de control da Unión Europea (UE). O Concello de Redondela apoia á confraría de pescadores San Xoán deste municipio para trasladarse a Madrid e participar na mobilización. Os pescadores rexeitan o regulamento por obrigacións polémicas como a de comunicar con polo menos catro horas de antelación a entrada a porto e o rexistro das capturas desde o denominado “quilo cero”. Estas esixencias, segundo o sector, non se axustan á realidade diaria da frota de baixura.
A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que o Concello apoia as reivindicacións dos traballadores e traballadoras do mar de Redondela e facilitará o traslado a Madrid en autobús para as persoas que desexen participar n protesta. A saída desde Redondela será o luns ás 06.00 horas con regreso desde Madrid ás 20.30. Prazas limitadas por orde de reserva no teléfono 615 17 14 08 cun mensaxe de WhatsApp.



