HomePontevedraO concello aproba o expediente de licitación para a obra do Camiño...

O concello aproba o expediente de licitación para a obra do Camiño de Santiago

- Anuncio -spot_img
  • O Concello de Soutomaior vén de aprobar en Xunta de Goberno Local, a aprobación do expediente de licitación para as obras do Camiño de Santiago no paso pola rúa Coutada e rúa Fonte do Conde.
  • Unhas obras que contaron cos votos favorables do Goberno Local e coa abstención do Partido Popular.

O concello de Soutomaior aprobou en Xunta de Goberno Local o expediente de licitación da obra do Camiño de Santiago no seu paso pola rúa Coutada e rúa Fonte do Conde. Esta obra, de 750 mil euros, farase a metade con fondos propios do concello e a outra metade coa subvención da Xunta de Galicia, de 370 mil euros, adquirida polo Goberno Local ao abeiro do Fondo de Cooperación Local destinado á realización de investimentos en infraestruturas municipais de carácter estratéxico da Xunta de Galicia.

Un expediente que foi aprobado e solitario cos votos favorables do Goberno Local xa que o Partido Popular abstívose negando a dar a súa aprobación.

Lembramos que Soutomaior acadou esta importante subvención no mes de novembro, uns investimentos destinados como xa dixemos á “Humanización do Camiño de Santiago no paso pola rúa Coutada e rúa Fonte do Conde”.

Un proxecto vital para o concello, que foi redactado pola empresa Urcoin,  liderada polo prestixioso enxeñeiro Enrique Urcola, decano do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia. 

Importante destacar que 150 mil euros da inversión deste proxecto irán destinados a renovar a rede de sumidoiros e a protexer a ría de verquidos.

Tal e como lembrou o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, “podemos levar a cabo este proxecto grazas ao traballo feito dende o Goberno Local onde conseguimos adquirir esta subvención grazas a que cando se fixo pública tiñamos xa tiñamos o proxecto madurado. Foi unha actuación complicada polos tempos da convocatoria. Pero grazas a que o concello de Soutomaior foi capaz de anticiparse e presentar un bo proxecto en tempo e forma acadamos esta subvención que nos vai a permitir ter unha obra que vai a ser un antes e un despois para o núcleo urbano de Arcade”.

Publicacións Relacionadas