Home Pontevedra Caldas O Concello aproba o proxecto modificado do Campo de Mirallos, un paso...

O Concello aproba o proxecto modificado do Campo de Mirallos, un paso fundamental para reactivar a execución das obras

- Anuncio -

O Pleno da Corporación que se celebrou esta semana no Concello deu luz verde á aprobación do proxecto modificado do Campo de Fútbol de Mirallos, un traballo técnico preciso para desencallar a situación desta obra e no que o alcalde, José Cela, leva traballando intensamente nos últimos meses.

Tal e como explica o rexedor, “a situación que se está a vivir a nivel nacional no que respecta á obra pública afectounos de cheo no que respecta ao Campo de Mirallos. Por iso, para nós como Goberno local era unha prioridade poder solventar a situación e así retomar de novo a execución das obras”.

Ante este panorama, o alcalde mantivo diversas reunións tanto cos técnicos da empresa como co arquitecto responsable da obra, así como coa conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, coa que mantivo un encontro en Santiago de Compostela para encarrilar os traballos de redacción e elaboración do novo proxecto, adaptado á situación económica e de crise de materiais actuais.

De feito, tal e como e pode ler na memoria do mesmo, no novo proxecto do campo “mantéñense inicialmente as partidas previstas, aínda que se introducen algunhas novas substituíndo algúns materiais escollidos inicialmente, debido a unha escaseza de
subministro ou ás importantes demoras na súa entrega, que retrasarían considerablemente a execución das obras”.

Deste xeito, manterase a execución dos espazos adicados ao que inicialmente serían vestiarios, mais quedarán diáfanos para ser utilizados polo momento como almacén.

Manterase a habilitación da cantina e correxiranse algúns problemas detectados con respecto á parcela do graderío. Ademais, incluirase nesta nova fase da obra a renovación de todo o rego do campo de fútbol, xa que non funciona adecuadamente. “Coa aprobación deste novo proxecto”, explicou Cela, “damos un importante paso adiante na reactivación das obras, que é polo que vimos traballando todos estes meses e que nos permitirán avanzar nun proxecto fundamental para o noso deporte”.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas