O Goberno local afirma que se lle buscará a ubicación máis idónea dentro da reforma urbana que se acometerá, polo que será un espazo deportivo que se manterá. Prantexarase tamén a posibilidade de mellorar os seus elementos.
O Concello aclarou esta mañá que o proxecto de construción do Auditorio e a súa reurbanización non suporá a desaparición das pistas de skate que se atopan a día de hoxe nese espazo.
Fontes de Goberno local explicaron que no momento que se realice o proxecto de
reurbanización de toda esa zona, buscarase a ubicación máis axeitada dentro da contorna
da Praza de España para este espazo tan utilizado pola mocidade de Marín.
De feito, o Goberno local é consciente de que os elementos actuais “precisan dunha
renovación”, que se estudará aproveitando o proxecto urbano que está prantexado para a
Praza de España.
A práctica de deportes urbanos nas pistas é moi común e na vila marinense conta, ademais
destas instalacións, con outras pistas no Parque Azul de Cantodarea.