HomePontevedraPoioO concello asina un convenio de patrocinio co GD Supermercados Froiz para...

O concello asina un convenio de patrocinio co GD Supermercados Froiz para promocionar o 50 aniversario do nomeamento do Conxunto Histórico de Combarro

- Anuncio -spot_img


• Desde o pasado luns ofrécense once cursos diferentes, que finalizarán o día 27 e suman unhas 60 horas de formación gratuíta no uso de novas tecnoloxías

O Concello de Poio e o Grupo Deportivo Supermercados Froiz veñen de asinar un novo de colaboración, a través do cal a Administración municipal realiza unha achega económica, a modo de patrocinio, para o equipo comandado por Evaristo Portela, que lucirá na súa equipación oficial o logotipo co que se conmemoran os 50 anos do nomeamento de Combarro como Conxunto Histórico. A concelleira de Deportes, Marga Caldas (BNG), lembra que o GD Súper Froiz é o segundo equipo máis lonxevo do panorama ciclista afeccionado a nivel nacional. Nestes 35 anos de existencia, o equipo ciclista consolidouse como un referente na súa categoría, acadando un gran número de triunfos e éxitos.

“Falar do GD Súper Froiz é facelo dun dos grandes referentes do noso municipio a nivel
deportivo e social”, lembra a edil do Goberno municipal, que entende que este convenio é
moi beneficioso para o Concello desde o punto de vista promocional, ao ir da man “dunha
entidade que ten unha gran repercusión mediática e que transmite uns valores de
superación, esforzo, traballo e compromiso cos que nos sentimos plenamente identificados”. Marga Caldas incide, ademais, na importancia de subscribir este convenio neste 2022 para dar unha maior visibilidade e promoción ao núcleo de combarro, cuxo nomeamento como Conxunto Histórico data de 1972.

Publicacións Relacionadas