Home Pontevedra O Condado O Concello avanza na concesión do servizo de abastecemento de auga, saneamento...

O Concello avanza na concesión do servizo de abastecemento de auga, saneamento e depuración

- Anuncio -

O Goberno municipal prevé aprobar no pleno o anteproxecto de explotación, que inclúe a execución pola nova concesionaria de grandes obras de abastecemento e saneamento por até case 10 millóns de euros

O Goberno municipal do BNG-PSOE continua avanzando nos trámites para licitar a concesión do servizo de abastecemento de auga, saneamento e depuración. O executivo local prevé aprobar no pleno do vindeiro 31 de xaneiro o anteproxecto de explotación, que inclúe como obriga para a próxima concesionaria a realización de numerosas e importantes obras de abastecemento de auga, saneamento e depuración en diferentes parroquias por un importe mínimo de 1.671.000 millóns de euros e até dun máximo de 9.300.000 euros, en función das ofertas que presenten as empresas interesadas. A concesión do servizo será por un período de 20 anos e a empresa concesionaria deberá abonar un canon total nese período de máis de 1.300.000 euros.

Ademais dos investimentos que a concesionaria terá que realizar en obras públicas, o servizo incluirá a xestión do saneamento e do baleirado de fosas sépticas, xa que até agora a concesionaria unicamente se ocupaba do abastecemento e da xestión da depuradora da Moscadeira.
Antecedentes

A anterior adxudicación deste servizo realizouse no ano 1989 á empresa Aquagest, actualmente Viaqua, e en 1998 ampliouse o prazo até 2020, é dicir, un total de 31 anos. Ademais, en 2012, o goberno presidido por González Solla ampliou a concesión á xestión da Estación de Tratamento de Auga Potábel directamente sen licitación, o que deu lugar en 2014 a investigacións policiais e xudiciais, coñecidas como Patos e Pokemon, por presuntas irregularidades atribuídas ao alcalde González Solla e á concelleira Belén Villar, ao constatar a entrega de agasallos por parte da concesionaria. A investigación foi finalmente arquivada.
Esa investigación provocou o retraso nesta nova licitación xa que a xustiza, no marco de ditas operacións, incautouse no Concello de Ponteareas, a través da Policía Xudicial, de toda a documentación relativa á concesión que foi devolta recentemente polo Xulgado, posibilitando así a tramitación da nova concesión.

Valoración

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández, salientou que “o modelo que imos implantar supón un avance crucial en beneficio do interese xeral de Ponteareas. A diferenza da anterior concesión, da que non se obtiña ningunha mellora nin vantaxe para a veciñanza, a empresa que agora xestione o servizo terá que realizar cun custo cero para o Concello numerosas obras de abastecemento de auga, saneamento e depuración no noso rural, que poden chegar a acadar case 10 millóns de euros. Ademais, fronte aos 31 anos da anterior concesión esta limítase a 20 e inclúe tamén a xestión da rede de saneamento e o baleirado de fosas sépticas. E todo o proceso faise coa máxima transparencia”.

Unha vez aprobado o anteproxecto exporase ao público e tras resolver as alegacións que se poidan presentar, o Concello licitará o servizo.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas