Home O Morrazo Marín O Concello celebra o 23 de abril anunciando a décima edición de...

O Concello celebra o 23 de abril anunciando a décima edición de “Unha dorna de libros, un mar de ilusión”

- Anuncio -

Este evento, da Asociación de Mulleres Intercambio do Saber, será o 28 de abril na Alameda e ten por obxectivo dacer un intercambio de libros entre a cidadanía
O 23 de abril celébrase o Día do Libro, unha data imperdible no calendario cultural no que é sempre un bo momento para fomentar o hábito lector e recordar o importante papel que a literatura ten na nosa construción como persoas.
A concelleira de Cultura, Marián Sanmartín, presentou xunto ás representantes da Asociación de Mulleres Intercambio do Saber, a que xa é a décima edición do seu evento “Unha dorna de libros, un mar de ilusión”, co que pretenden achegar o amor á lectura a toda a cidadanía, á vez que se aposta pola economía circular e pola segunda (terceira ou cuarta) vida que pode ter un libro.
Así, calquera persoa que queira poderá achegarse á Alameda de Marín o 28 de abril de 10.00 a 20.00 horas para coller libros que lle interesen e mergullarse nas súas historias.
Para poder depositar libros que se intercambiarán ese día, será preciso pasarse polo Museo do Mar, entidade tamén colaboradora da actividade, os días 19, 20, 21, 26 e 27 en horario de mañá, de 11.00 a 13.00 horas, e os días 16, 17, 18, 19, 22, 23, 24, 25 e 26 en horario de tarde, de 17.00 a 19.00 horas. Para calquera dúbida, pódese chamar ao 607473625.
O Día do Libro, tamén nas redes sociais e na Biblioteca

Por outro lado, desde o Concello buscouse reivindicar esta data literaria a través un vídeo con recomendacións lectoras para todos o seguidores das canles de comunicación municipais con títulos dispoñibles para préstamo na Biblioteca Municipal Vidal Pazos.
Ademais, na Biblioteca celebrarase o contacontos infantil “Unha de piratas” o 27 de abril ás 12.00 horas, unha actividade que forma parte do programa Ler Conta Moito, financiado cunha subvención da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Pronto, novidades para o Día das Letras Galegas
Finalmente, Marián Sanmartín adiantou que de cara á fin de semana desvelarase toda a programación que se está a preparar para a seguinte gran data cultural do calendario, desta vez no que respecta a Galicia, o Día das Letras Galegas.
Ademais do concurso de poesía, que rematará co prazo de presentación de manuscritos o 3 de maio, haberá outras actividades que se irán publicando nos próximos días.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas