HomeO MorrazoMarínO Concello chama á calma e desminte que se vaia sancionar ás...

O Concello chama á calma e desminte que se vaia sancionar ás persoas que non teñen cambiado o contador de auga

- Anuncio -spot_img

Cambiaranse á maior brevidade posible aqueles que xa pagaron a taxa de renovación do dispositivo e será o Concello quen notifique a obrigatoriedade do cambio, empezando polos máis antigos.

O Concello de Marín desminte a información que se está a trasladar ás comunidades de propietarios relativa ás posibles sancións pola antigüidade dos contadores de auga.

Non foi o Concello quen fixo esa circular, polo que non é obrigatorio renovar o contador ata que os propietarios non sexan debidamente notificados oficialmente desde o Concello.

No caso daquelas persoas que xa pagaron a taxa municipal, procederase a cambiar o contador á maior brevidade posible. Para as demais, prégase calma.
Será o Concello quen notifique ás persoas, de maior a menor antigüidade, a obrigatoriedade de cambiar o contador.

Publicacións Relacionadas