Doce carrozas formalizaron a súa inscripción no Desfile ainda que o prazo permanece aberto ata o 23 de febreiro
Doce carrozas formalizaron xa a súa incripción para participar no Entroido da Illa, unha festa que arrancará o venres 17 de febreiro co Día das Comadres e que continuará ata o 26 de febreiro, domingo de Piñata. Algo máis rezagadas na súa incripción son as comparsas, con solo dúas inscripcións. Para acceder ao material cedido gratuitamente polo Concello as carrozas ainda que teñen a posibilidade de facelo ata o 23 deste mes.
Ainda que o cartel dos festexos recolle seis días de festa, serán en realidade 10 as xornadas nas que o entroido tomará os recunchos da localidade. Esa é a previsión do goberno local, consciente do interese xeral da poboación nunha celebración con gran arraigo na Illa.
Da organización das actividades programadas, como ven sen habitual, encárgase a asociación Dorna co respaldo do Concello a través dun acordo que lles supón unha aportación de 5.700 euros “ademáis de ter consensuado respaldo loxístico para algunha das xornadas programadas e das que se irá informando”, apuntan desde o goberno local.
I é que o entroido da Illa está disposto a recuperar este ano o nivel de participación anterior á pandemia e o Concello non escatima recursos liberando unha partida cercana aos 12.000 euros para que garantir o éxito dos festexos. Á colaboración económica con Dorna, súmanse os máis de 3.000 euros en materiais e cartóns que o Concello facilita aos grupos participantes máis os 2.000 euros en premios para as comparsas. “Despois de todo o que pasamos coa Covid a xente ten moitas gañas de diversión e o entroido é o momento axeitado; confiamos en que se faga de xeito responsable e respetouso co medio e co patrimonio de todos”, indican desde o grupo de goberno.
Obrigación de participar en dous actos
Os premios en metálico desta edición inclúen a obriga de participar en polo menos dous actos para poder percibilos e un deles ten que ser o Desfile do domingo 19 de febreiro. Así, establécense 400 euros para os grupos locais; 300 para as comparsas que leven 4 anos participando na programación arousana e 150 para as novas comparsas.



