O Concello condea o mal uso dos colectores dalgunhas zonas do centro e fará unha campaña de concienciación para ter boas prácticas no depósito de residuos

adminON
Lectura mínima de 2

Nos últimos días, detectáronse verquidos de peixe en colectores de Dr. Touriño e Rúa da Ponte, supoñendo problemas de cheiros insoportables pola calor. O Concello recorda que o depósito dos residuos orgánicos ten que ser a partir das 20.00 horas e sempre en bolsas pechadas 

Cumprir as ordenanzas municipais por parte da veciñanza é esencial para poder ter unha boa convivencia. Pero non sempre é así e por iso é importante condear e concienciar da necesidade de seguir certas normas coas que manter en bo estado o espazo público. 

Nestes últimos días, chegaron ao Concello avisos de cheiros insorportables nalgunhas zonas de Dr. Touriño e na Rúa da Ponte, que procedían dalgúns colectores de lixo. Detectouse que se produciran varios verquidos de peixe fóra do horario establecido na ordenanza e que, por tanto, debido ás elevadas temperaturas, emitía un cheiro que non só saía cara fóra, senón que quedou adherido aos propios colectores. 

As brigadas municipais actuaron con rapidez, baleirando e chorreando os colectores afectados para repoñelos á maior brevidade posible, pero o Concello non se conforma. “Imos impulsar unha campaña de concienciación para lembrar a toda a veciñanza cales son as obrigas recollidas na ordenanza”, adiantou a concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín.

“Son normas sinxelas, que se non se cumpren supoñen un grave problema para a veciñanza da zona afectada. Non se pode tirar lixo antes das 20.00 horas, sempre hai que facelo en bolsas pechadas e é de obrigado cumprimento facer a recollida selectiva, é dicir, a reciclaxe dos residuos”, detallou a edil. 

Sanmartín condea “que situacións coma estas supoñan un agravio para todos e todas” e pide á cidadanía que colabore para ter un Marín máis limpo. “Sabemos que sempre hai carencias e que chegar ao todos os lugares á vez non é fácil, pero as nosas brigadas están traballando intensamente durante todo o verán para tratar de ter Marín no mellor estado posible e neste esforzo seguiremos traballando”.

Comparte este artigo