Home Pontevedra Caldas O concello confrima a Oficina de Turismo de Cuntis non se pechará

O concello confrima a Oficina de Turismo de Cuntis non se pechará

- Anuncio -

• O alcalde, Manuel Campos, lembra que foi este Goberno local quen puxo en marcha o servizo en 2015, o cal mantén desde entón con recursos propios, despois de que o Partido Popular o desmantelase en anos anteriores


• Campos Velay recorda tamén que esta é a única oficina da contorna que presta servizo durante os doce meses do ano e lamenta a actitude do Partido Popular e a súa ainsa de “querer facer política con recursos que funcionan e que son dos veciños e veciñas”

O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, confirmou hoxe, con absoluta rotundidade, que a Oficina Municipal de Turismo de Cuntis continuará prestando servizo á cidadanía durante os doce meses do ano, tal e como vén facendo desde 2015, cando o actual Goberno socialista recuperou esta prestación, previamente suprimida polo Partido Popular. “Este é un recurso moi valioso que o Concello creou e mantén con recursos propios e baixo ningún concepto se vai prescindir del, nin pechar”, aseverou. O rexedor tamén confirmou que o Concello presentará alegacións contra a perda do selo da ‘Q de Calidade’, así como toda a documentación pertinente para demostrar que estas dependencias son “un referente na comarca, sendo a única Oficina de Turismo que está aberta durante todo o ano”, incidiu Campos Velay.

O alcalde cuntiense lamenta profundamente o método do PP de facer política con servizos “que funcionan e que son dos veciños e veciñas”, así como a ansia da súa voceira por tratar de enganar á veciñanza. “Estamos moi orgullosos do servizo e do gran traballo que realiza o persoal nesta Oficina de Turismo e así vai a continuar, con ‘Q’ de Calidade ou sen ela”, afirmou. Manuel Campos confirmou, asemade, que xa se lle deu traslado ao grupo provincial do PSdeG PSOE para que pregunte no próximo Pleno da Deputación sobre a retirada do selo de calidade, un feito que só se produciu en Cuntis e en Nigrán, “casualmente dous concellos nos que goberna o Partido Socialista”. Neste senso, ao rexedor cuntiense lle sorprende que, en cambio, ese distintivo non o perdesen outras oficinas que “estaban pechadas e que só se abriron para que se realizase a inspección”.

Campos lamenta que esta persecución política por parte do Partido Popular “a quen prexudica é á veciñanza , que pode dispoñer deste servizo de asesoramento desde 2015, grazas á decisión que tomou o actual Goberno local de recuperalo. “Nos anos anteriores, o PP pechou a Oficina de Turismo, algo inaudito nunha vila termal de referencia como a nosa. Por non haber, nin sequera había unha instalación para poder asesorar aos usuarios e usuarias. Iso cambiámolo nós e imos seguir traballando para mantelo, ao igual co resto de servizos que son de primeira necesidade para a nosa cidadanía”, garantiu Manuel Campos.

Relacionadas

Luis López cita un turismo sustentable, desestacionalizado e centrado no territorio como piares comúns...

0
O presidente provincial participa en Ribadumia na presentación do Plan Estratéxico de Turismo do Salnés que impulsa a Mancomunidade para o período 2024-2028 O presidente...

Coral Martínez imparte un obradoiro de debuxo en Tui dentro do programa Boas Vibes

0
Este sábado, 26 de outubro, de 10.30 a 13.30 h celebrarase na Sala Municipal de Exposicións un obradoiro de debuxo manga/cómic a cargo Coral...

O PP esixe o cumprimento do acordo plenario de 2023 para o arranxo e...

0
• Pardo: “Os nenos teñen dereito a xogar en plenas condicións de seguridade e salubridade, porque hai zonas infantís que se converteron no refuxio...

A ponte sobre o río Cotarel volve unir as parroquias de Randufe e Pazos...

0
A infraestrutura vírase afectada polas choivas de xaneiro de 2023. As obras, cun investimento superior aos 192 mil euros, recuperaron o trazado orixinal do...

A Deputación e a Ruta do Viño Rías Baixas aliaranse para potenciar o enoturismo...

0
O presidente provincial Luis López remarcou que a actividade, que terá lugar o domingo 10 de novembro e servirá para festexar o Día Mundial...

Manu Lourenzo, Carme da Silva e Uxío Benítez falarán este venres do novo modelo...

0
O alcalde de Soutomaior explicará a proposta do Goberno de Soutomaior para a humanización da N-550 ao seu paso por Arcade. O BNG de Soutomaior...

Publicacións Relacionadas