Mañá é o día do Cómic e o Tebeo e dende o Concello de Marín vaise conmemorar coa entrega do cómic sobre a vida do “Mestre Landín” no centros educativos.
O obxectivo desta actividade e por en valor a figura do Mestre Landín, autor de pezas tan coñecidas como “xa fun a Marín” e que foi mestre de música, director da Banda de Música de Marín e fundador da primeira banda de gaitas de Galicia ” os de Marín” con que fixo unha exitosa xira por Madrid.
Para isto, Felipe Rea, mestre de gaita e a persoa que conserva o arquivo musical do Mestre Landín, explicaralles os alumnos a sua figura e interpretará algunha peza coa súa gaita.
Esta actividade desarrollarase a vindeira semana para alumnos da última etapa de primaria, comenzando o luns coa visita o CEIP a Laxe, o martes o CEIP o Carballal, o mércores os CEIP Seixo e Ardán, o xoves o Colexio da Inmaculada e o venres o San Narciso. Tamén se realizará no CEP Sequelo.

