O Concello constrúe unha beirarrúa en Gago de Mendoza, mellorando así a mobilidade cara a praia de Aguete

adminON
Lectura mínima de 1

A actuación tamén permitiu a reparación da canalización do alumeado público. 

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, informou esta mañá do remate das obras de reparación da canalización de alumeado público e construcción de beirarrúa de Gago de Mendoza, na baixada á praia de Aguete. 

Tal e como explicou Novas, “con esta intervención melloramos a mobilidade peonil cara a praia de Aguete, rematando esta beirarrúa que une a esquina do vial de praias do porto”. Ademais, o problema das avarías constantes nesta zona na iluminación debíanse aos roedores, polo que xa se aproveitou a actuación para subsanar esa problemática. 

A obra ascendeu a un importe de 9.147,60 euros.

Comparte este artigo